O 14 de maio o alumnado do centro visualizou unha seleción de 5 curtametraxes centrados en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Esta proxección incluíu un coloquio dinamizado por unha persoa experta para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidos.
ORIENTACIÓN LEIRADO
miércoles, 14 de mayo de 2025
miércoles, 7 de mayo de 2025
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:
- INFORMACIÓN XERAL.
- PORTAL DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.
- CONVOCATORIA DE AXUDAS.
- COMO SOLICITAR A BECA.
- ACCESO AO SERVIZO ONLINE.
XORNADAS DE INCLUSIÓN DE INCLUSIÓN EDUCATIVA E BENESTAR EMOCIONAL
jueves, 3 de abril de 2025
DÍA MUNDIAL SOBRE O AUTISMO
O día 02 de abril, conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Baixo o lema "somos infinitos", o alumando de cole decorou este mural cheo de infinitos e escribiu unha bonitas palabras dedicadas ás persoas que teñen este tipo de características. O símbolo do infinito representa a diversidade infinita das persoas dentro do espectro autista.
miércoles, 26 de marzo de 2025
BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2025-2026
As solicitudes faranse na sede electrónica do Ministerio pero non será necesario imprimilas e presentalas no centro educativo; no seu lugar, a solicitude deberá presentarse telematicamente e as familia poderán descargar un resgardo que será o xustificante de ter presentado a solicitude en prazo. IMPORTANTE: a solicitude debe quedar en estado "Presentada" pero nunca en "Borrador" xa que, neste caso, non se podería tramitar.
Unha vez rematado o prazo de presentación, enviaranse as listaxes definitivas de alumnado que solicitou bolsa NEAE xunto cos anexos necesarios para a sua tramitación, é dicir, os certificados que debe cubrir o centro, o certificado de Inspección Educativa e o certificado do gabinete (e que as familias deben levar aos respectivos gabinetes e llo cubran).
Non será necesario que as familias aporten certificado de discapacidade do alumnado nin informes médicos, será suficiente con que o departamento de orientación certifique a necesidade en base á existencia deses documentos xustificativos. IMPORTANTE: no caso de discapacidade ou causas asociadas á discapacidade, igual que o curso pasado, para certificar a necesidade de apoio do alumno este deberá ter recoñecido un grao do 25 ou superior, pero nunca inferior.
No caso de alumnos que non poidan cumplimentar a solicitude de xeito telematico por carecer de DNI/ NIE definitivo, excepcionalmente existirá a opción de solicitala no impreso en papel cando estea dispoñible.
lunes, 24 de marzo de 2025
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
O Día Internacional do Síndrome de Down é unha xornada conmemorativa que se celebra anualmente o 21 de marzo dende o ano 2006, recoñecida pola Organización das Nacións Unidas o 19 de dicembre de 2011.
lunes, 10 de marzo de 2025
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
O 8 de marzo celebramos o "Día da muller" no noso cole. Entre as actividades realizadas, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. Visitounos Laura Rodríguez, antiga alumna do noso cole e experta na evolución do papel da muller ao longo da historia.