Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta DESESCALADA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESESCALADA. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de junio de 2020

E AGORA QUE? COMO MANEXAR AS TÚAS EMOCIÓNS NA DESESCALADA

Deixamos este completa guía do Colexio da Psicoloxía de Madrid para facer fronte ás emocións producidas pola desescalada: incertidume, indefensión, medo, enfado....




viernes, 29 de mayo de 2020

COMO AXUDAR AOS NENOS/AS CON MEDO DE SAÍR A PASEAR NA DESESCALADA


Principio del formulario

Uns dos efectos provocados pola desesescalada da pandemia do COVID-19  son  os  sentimentos de medo, ansiedade, tristura… que amosan os/as nenos/as á hora de saír á rúa.

Durante estas semanas oíron falar repedidamente que non podían saír por mor do coroavirus e agora hai pequenos/as que amosan reticencias á hora de saír a pesar das máscaras, as distancias e demais medidas de autoprotección.

O medo é "unha emoción humana que se activa cando se percibe unha ameaza para a supervivencia, a integridade física ou o benestar psicolóxico, e os/as nenos/as non son alleos ao ambiente que os rodea", explica o psicológo José Luis Gonzalo Marrodán, especialista en psicoloxía infantil e membro da Sociedade Española de Psiquiatría e Psicoterapia do Neno e do Adolescente (Sepypna). "É normal que algúns poidan sentir medo".

Os nenos/as deben de saber por que estaban encerrados, en que consiste a enfermidade e como se contaxia para entender a “nova normalidade.

Como actuar cos nenos que teñen medo de saír?

Os/As nenos/as poden sentir medo, pero "tamén teñen recursos", salienta Gonzalo Marrodán. Debemos de detectar e potenciar eses recursos "sendo conscientes do noso propio medo como adultos e xestionalo". Non se trata de non ter ningún medo, nin de negalo ou minimízalo senón de ser conscientes do propio medo para xestionalo,  regulalo e transmitir seguridade aos demais tanto verbalmente coma  coa nosa xestualidade.

GUÍA PARA O PROCESO DE DESESCALADA

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid publica unha guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desescalada. E agora que?

O novo escenario de desescalada que se inicia agora supón novos retos que debemos de saber afrontar para que a vollta á normalidade se produza do mellor modo e o antes posible. Atopámonos cunha situación nova na que debemos aprender a vivir e convivir e xorden sentimentos coma o medo, a incertidume, a ansiedade, a rabia, a tristura...

Para os nenos/as, ao igual que para os adultos, esta pandemia supuxo unha nova situación á que tiveron que adaptarse e é normal que agora estean asustados e amosen desconfianza.

Esta guía supón unha axuda para este proceso de desescalada que estamos a vivir. Nela analízanse as reaccións que poden xurdir ante este proceso de desescalada e ofrécense pautas, estratexias e ferramentas para unha adaptación eficaz a este proceso de desescalada para nenos/as, para adolescentes e para os nosos maiores.


martes, 26 de mayo de 2020

domingo, 10 de mayo de 2020

CONSELLOS ANTES DE SAÍR Á RUA

Autismo Galicia proporciona unha serie de consellos antes de saír á rúa. Debemos ter en conta as necesidades individuais e cada situación xa que o obxectivo da saída é contribuír ao noso benestar físico e emocional, nunca un factor de estrés. Debemos respectar os ritmos de cadaquén e preparnos antes.

domingo, 3 de mayo de 2020