Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta ACOSO ESCOLAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACOSO ESCOLAR. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de mayo de 2020

GUÍAS PARA O PROFESORADO SOBRE BULLYING E CIBERBULLYING

Deixamos dúas guías de recursos didácticos para centros educativos. Unha elaborada polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid e a Fundación Atresmedia (2014) e outra elaborada por Save the Children.


GUÍA PARA PREVENIR O ACOSO ESCOLAR

No día internacional contra o Acoso Escolar recomendamos a guía de UNICEF para a prevención do acoso.


sábado, 21 de marzo de 2020

O SÁNDWICH DE MARIANA

A profe Rocío propón ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria o visionado da película de Carlos Cuarón O sándwich de Mariana. Con esta curtametraxe imos traballar o recoñecemento das emocións alleas, a empatía, a asertividade... 

Esperamos que vos guste!



E agora... sodes capaces de responder as seguintes preguntas?
  1. Que significa acoso escolar, vitima, acosador ou acosadora, maltrato, solucións?
  2. Reflexiona e pensa:
    • Como actuarías ante esa situación?, Intervirías ou non?, Por que?
    • Como cres que se sinte a protagonista (Mariana)?
    • Cres que é un feito natural que os compañeiros e compañeiras traten dese modo a Mariana?
    • Cal das dúas rapazas é vitima de violencia?
    • Paréceche adecuada a reacción de Mariana?