Deixamos a continuación unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo docente de educación infantil para as familias do alumnado que inicia a escolaridade o vindeiro curso escolar e facilitar así o comezo desta nova etapa. Deixamos tamén unha breve explicación da etapa de educación infantil.
ORIENTACIÓN LEIRADO
miércoles, 17 de junio de 2026
XORNADA SEMANAL DO PERSOAL DOCENTE
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de regular a xornada semanal do persoal docente a través da Resolucióndo 16 de xuño de 2026, pola que se ditan instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente no curso académico 2026/27.
ATENCIÓN EMOCIONAL AO ALUMNADO CON TEA
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica un manual de axuda para alumnado con TEA nos centros educativos, unha guía de axuda dirixida aos centros educativos para acompañar e orientar na creación de contornas máis accesibles, estruturadas e inclusivas.
O documento pon o foco no benestar emocional, na inclusión e na convivencia positiva, ofrecendo orientacións para o centro, a aula, o patio... e a coordinación coas familias.
lunes, 25 de mayo de 2026
PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.
O documento establece as pautas para a prevención, o control da asistencia, a xustificación das faltas e a tramitación das actuacións correspondentes nos casos de absentismo escolar.
Información e material complementario:
domingo, 24 de mayo de 2026
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Poden atopar toda a información desta convocatoria en:
domingo, 8 de marzo de 2026
GUÍA PARA A ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE CONDUTA NO ÁMBITO EDUCATIVO
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de publicar unha guía para abordar os conflitos e os problemas de conduta entendendo o conflito como parte da vida e como oportunidade para aprender, a conduta como fenómeno complexo, multicausal e cun propósito comunicativo e unha abordaxe necesariamente educativa e de acompañamento.
Déixase enlace á guía e á ECA (exploración, comprensión e abordaxe).





