Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA FALAR SOBRE O CORONAVIRUS CON NENOS/AS CON TEA

Deixamos un artigo do Consello Xeral da Psicoloxía de España que recolle unha serie de recomendacións para falar sobre o coronavirus con nenos e nenas con TEA.
Esperamos que sexa de axuda!!



miércoles, 3 de junio de 2020

RUTINA E DOSSIER SOBRE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Rutina sobre hixiene a manter na colocación das mascaras de protección e dossier sobre mascaras de protección e diversidade funcional de Iris Carabal Reyes.




martes, 2 de junio de 2020

USO DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

Dende o luns 25 de maio o uso de máscaras de protección é obrigatorio:

  • Dende os 6 anos.
  • En espazos de uso público cando non se poida manter 2 metros de distancia interpersoal.

As persoas con TEA non están obrigadas a utilizar máscaras en espazos públicos


jueves, 28 de mayo de 2020

PROTEXÉMONOS DO CORONAVIRUS

Presentación interactiva de Verónica García Romero, baseada en Genially, para que o alumnado comprenda e acepte as pautas básicas para protexerse do coronavirus, unha vez se poida empezar a sair de forma máis normalizada.


miércoles, 27 de mayo de 2020

GUÍA INFORMATIVA COVID-19

Deixamos esta guía informativa de Cristina Villaverde San José que recopila información clara e visual acerca das características das personas con Trastorno do Espectro Autismo (TEA) e o impacto que ten nestas persons, máis específicamente nos/as nenos/as, as medidas tomadas como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno de España ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.






martes, 26 de mayo de 2020

jueves, 14 de mayo de 2020

MANUAL DE CORONAVIRUS PARA NENOS E NENAS

Ángeles Ruiz Vázquez é Farmacéutica. É a autora do Blog de divulgación sanitaria "Pócimas de salud". Con data 11 de marzo de 2020 e ante a pandemia de coronavirus ofrécenos este “Manual de coronavirus para niños”  que pode ser de utilidade para informar e ao mesmo tempo diminuír a preoucpación de nenos e nenas e ensinarlles medidas útiles de hixiene e prevención.



(link is external)

martes, 12 de mayo de 2020

EXPLICACIÓN PARA OS NENOS E NENAS DO CORONAVIRUS

A Junta de Andalucía ofrece unha explicación para nenos e nenas sobre o que sabemos sobre o coronavirus, que podemos facer na casa e ofrece unha serie de consellos para sentirse mellor.


jueves, 7 de mayo de 2020

DECÁLOGO PARA QUE A RAPAZADA E ADOLESCENTES AFRONTEN O CONFINAMENTO

Deixamos unha infografía de Familia y Salud cun decálogo para que a rapazada e adolescentes afronten dun xeito máis sinxelo o confinamento.


miércoles, 6 de mayo de 2020

QUE FACER DURANTE A CUARENTENA

Aínda que queda menos aproveitamos este vídeo de Familia y Salud no que un grupo de mozos e mozas describen, de forma dinámica e divertida, actividades nas que ocupar o tempo durante o período de cuarentena. Actividades saudables e normas básicas de hixiene, como colaborar na vida familiar e formas divertidas de pasar o tempo.

Non cho podes perder!

lunes, 4 de mayo de 2020

O CORONAVIRUS PRESÉNTASE AOS NENOS E NENAS

O coronavirus preséntase aos nenos e nenas da man da psicológoga Manuela Molina Cruz.
Todo vai saír ben!!


PAUTAS PARA FAMILIAS PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

Deixamos unhas pautas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid cunha serie de pautas para familias con nenos e nenas e adolescentes coa finalidade de facilitar as relacións familiares estes días de confinamento.


viernes, 1 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA DO CONFINAMENTO COS NENOS, NENAS E ADOLESCENTES

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid detalla unha serie de recomendacións sobre cómo falar cos menores de 14 anos e preparar emocional e psicoloxicamente estas saídas, de maneira que poidan realizarse da maneira máis satisfactoria posible.



domingo, 26 de abril de 2020

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NAS SAÍDAS DOS NENOS E NENAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Achegamos a guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil durante o estado de alarma realizada polo Ministerio de Sanidade.
Esperamos que sexa de axuda


jueves, 23 de abril de 2020

HISTORIA SOCIAL: FACEMOS PEQUENAS SAÍDAS!


Deixamos unha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac a modo de anticipación para preparar a saía dos menores de 14 anos á rúa cumprindo á condicións establecidas. 



CONTO SUPERHEOE CONTRA O VIRUS

Hoxe deixamos un conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAAC que explica o que debemos facer cando saímos á rúa coa finalidade de  anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa tras o confinamento e cumprir coas normas establecidas.


Normas para saír á rúa:


viernes, 17 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DO MINISTERIO DE SANIDADE

Achegamos unhas recomendacións do Ministerio de Sanidade para nenos e nenas con TEA durante o COVID-19.

USO DE GUANTES E MASCARILLA

Deixamos unhas infografías (Ana Sanz Robledo, Fundación ConecTEA, Olga Swieza e Illaria Parrella) elaboradas e adaptadas con apoios visuais para cumprir coas normas de seguridade para o uso adecuado de máscaras e luvas.






jueves, 16 de abril de 2020

MANUAL PARA O TEMPO DE CUARENTENA POR COVID DE AUTISMO GALICIA

Deixamos unha guía adaptada de Federación Autismo Galicia para explicar diferentes aspectos realcionados co Coronavirus (que e, medidas de prevención e hixiene, pautas para a saída a rúa, actividades para o período de cuarentena...)

lunes, 6 de abril de 2020