Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta OCIO E TEMPO LIBRE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OCIO E TEMPO LIBRE. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de mayo de 2020

TÍTERES: A GALIÑA AZUL DE TANXARIÑA

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver a representación de "A Galiña azul" da compañía de Títeres "Tanxarina", representación ofrecida xenerosamente e imprerdible!!!

Grazas a esta iniciativa!!!



sábado, 16 de mayo de 2020

VISITAMOS CABÁRCENO

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que visitar o Parque de Cabárceno, dende o cal todas as semanas emiten un vídeo en directo que nos permiten estar preto deles a persares do confinamento. 
Cada semana haberá unha emisión en directo durante a cal os técnicos da Aula Medioambiental de Cabárceno guíannos polas entrañas deste parque explicándonos como traballan coidadores, veterinarios, técnicos das instalacións e amosan como son as relacións con cada especie e as anécdotas do día.

Grazas a esta iniciativa , podemos visitalo!!!

Deixámosvos os enlaces aos directos feitos ata o momento:










E se queres seguir vendo novos directos:

domingo, 10 de mayo de 2020

MESTR@, E AGORA QUE FAGO?

Con este álbum Jose Carlos Román e David Lorenzo tentan facer que estes días sexan un pouquiño máis levadeiros para os nenos e nenas  amosando a cantidade de actividades lúdicas e divertidas que se poden facer dende casa aínda que non podamos ir ao colexio.




viernes, 8 de mayo de 2020

PAPIROFLEXIA EN CASA CON JORGE PARDO

Propoñemos ademais para este fin de semana, facer en familia alguna destas figuras de papel con Jorge Pardo, director da EMOZ (escola Museo Origami de Zaragoza) e coordinador da exposición "Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia".





  

TEATRO EN FAMILIA: GAIA DE ENTREMÁNS

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos  GAIA DE ENTREMÁNS un espectáculo no que a voz e a danza acércannos ao coñecemento do medio ambiente. Unha historia na que a pintura, a música e o audivisual axúdannos a descubri os tesoros naturais do noso planeta. 

Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!

viernes, 1 de mayo de 2020

TEATRO EN FAMILIA: RUBICUNDO DE TEATRO DOS GHAZAFELHOS

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos RUBICUNDO DE TEATRO DOS GHAZAFELHOS., unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que anímanos a perseguir os nosos soños. Unha obra chea de sorpresas con música, títeres, acrobacia e claqué. 
Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!

COCIÑANDO EN FAMILIA

Propoñemos ademais para este fin de semana, facer en familia alguna das receitas de cociña propostas por Cociña en Familia de Afundación.










viernes, 24 de abril de 2020

TEATRO EN FAMILIA: MAMÁ CABRA, 15 PRIMAVERAS

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos MAMÁ CABRA, 15 PRIMAVERAS. 
Este espectáculo foi creado por Mamá Cabra no seu 15º aniversario para facer chegar aos máis pequenos as súas mellores cancións.

Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!

miércoles, 22 de abril de 2020

TEATROTECA

Deixámosvos un enlace á plataforma para a xestión e o préstamo de contido dixital (ebooks, audio e vídeo): TEATROTECA. Esperamos que vos sexa de utilidade estes días!


viernes, 17 de abril de 2020

PROPOSTA PARA ESTE FINDE: ESCAPE ROOM

Para esta finde propoñemos unha Escape Room. Sempre é un bo momento para xogar. Imos imaxinar que escapamos de onde estamos facendo unha serie de probas, resolvendo enigmas e chegando a solucións. Anímaste?
Preme na imaxe que tes debaixo, escollede unha e pasádeo moi moi ben!



jueves, 16 de abril de 2020

PINTAR CON POMPAS DE XABÓN

Deixamos unha proposta da profe Glenda para crear, experimentar, xogar e aprender de xeito moi moi divertido. Esperamos que o pasedes moi moi ben!



SETE CONTOS PARA EXPLICAR O CORONAVIRUS AOS MÁIS PEQUENOS

Hoxe deixámosvos uns contos explicando que é o coronavirus e por que non podemos saír de casa. Esperamos que vos gusten!

ROSA CONTRA EL VIRUS

CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE

QUIERO SALIR

EL ESCUDO PROTECTOR CONTRA EL REY VIRUS

MISIÓN: QUEDARSE EN CASA

MI CASA ES UN CASTILLO

ELENA EN CUARENTENA



sábado, 4 de abril de 2020

PROPOSTAS DE OCIO E TEMPO LIBRE

Comezamos as vacacións, estamos cansados do traballo realizado este trimestre, pero... hai unha infinidade de cousas apetecibles que podemos facer aínda que esteamos confinados en casa: actividade física, ler libros e comics, escoitar música, ver documentais e pelis e series, ver teatro e ópera, visitar museos, xogar, escribir, visitar monumentos, cociñar... Imos aproveitar unha selección  de actividades realizada por Aprosmo con pictos de ARASAAC e receitas de cociña do CEE San Antonio de Ceuta e de AchégaTEA.
Animádevos!



Receita de torrijas para Semana Santa do CEE San Antonio (Ceuta) cos ingredientes e pasos adaptados con pictogramas de ARASAAC:




Receitas de cociña do equipo AchégaTEA:


Autismo Galicia propón tamén unha serie de aplicacións e materiais para estimular as emocións e mellorar os procesos de aprendizaxe que podemos incorporar ás actividades cotiás.



Vémonos de novo o martes 14 de abril! Deica logo!

viernes, 27 de marzo de 2020

PLANAZO DE FINDE: Receitas adaptadas

Queremos deixar para este finde un bo plan. O equipo Técnico  de Atención Diurna Terapéutica Aspanaes Villestro comparten 3 estupendas e sinxelas receitas para facer este finde de confinamento. Compartímolas convosco por se alguén se anima!





O equipo AchégaTEA comparte tamén estas outras receitas adaptadas. 


Seguro que todas están boísimas!!



jueves, 26 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

9 receitas de plastilina caseira

A profe Glenda fainos unha proposta para a elaboración de plastilina caseira (Pequeocio) coa que favorecemos a motricidade e pasámolo estupendamente á vez
.

Programa de ocio para a cuarentena

A profe Rocío déixanos hoxe  un completo programa de ocio para a cuarentena elaborado pola Asociación Asperger de Murcia.


martes, 24 de marzo de 2020

MANTENTE ACTIVO NA CASA

Down Galicia propón toda unha serie de actividades e xogos motores que se poden realizar no interior para que as persoas con e sen discapacidade poidan manterse activas fisicamente durante a estancia na casa.

Deixamos enlace ao documento de Down Galicia e enlace para Android e Apple.
APP en Android: bit.ly/2y8ackZ
APP en Apple: apple.co/33G4iD2


lunes, 23 de marzo de 2020

Recomendacións para pasar na casa os días sen clase

Deixámosvos tamén algunhas recomendacións elaboradas polo Equipo de Orientación Educativa de Infantil e Primaria de Zaragoza para pasar na casa os días sen clase.