Páginas

jueves, 13 de agosto de 2020

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: dende o 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:


viernes, 7 de agosto de 2020

ENTRAMOS NA ESCOLA

Comezamos a escola o 10 de setembro pero antes queríamos deixar unhas pautas sobre hábitos para pais e nais de nenos e nenas que inician a escolarización este curso, unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de Educación Infantil que faciliten o inicio da escolaridade e o díptico de benvida da escola ADAPTADO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 que contén as principais normas do centro e o calendario do período de adaptación.