Deixamos unhas pautas de Iris Carabal Reyes para as familias do alumnado con TEA que así o desexen para facilitar o uso da máscara de protección.
lunes, 7 de septiembre de 2020
RECOMENDACIÓNS DA AEP SOBRE A REINCORPORACIÓN Á ESCOLA DOS NENOS E NENAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS
Deixamos as recomendacións da Asociación Españoña de Pediatría para a reincorporación do alumnado con enfermidade crónica.
Neste documento se recollen o conxunto de medidas que se consideran importantes e específicas en cada grupo de pacientes. Estas recomendacións iranse revisando polos expertos e poderán ser modificadas en función da evolución da situación epidemiolóxica, as recomendacións xerais do Ministerio de Sanidade e da publicación de novos documentos científicos que modifiquen a evidencia da que se dispón ata o momento actual.
Recordade que debemos ter en conta que para tomar calquera decisión e ante calquera dúbida debemos acudir ao especialista responsable de cada paciente.
domingo, 6 de septiembre de 2020
COMO VOLVER Á ESCOLA? PAUTAS PARA AS FAMILIAS E O PROFESORADO SOBRE AS EMOCIÓNS
A volta á escola pode supor unha situación de estrés para o profesorado, os nenos e nenas e para as familias. A situación na que nos atopamos, a incertidume, o medo a ser contaxiados polo COVID... É de gran axuda poder manexar o estrés e a ansiedade que causan certos cambios.
É por todo iso que imos deixar unhas pautas de Ismael Simón Álvarez, psicólogo xeral sanitario do centro psicopedagóxico Don Sancho de Valladolid e publicadas en Familia y Salud.