Páginas

miércoles, 27 de octubre de 2021

ORDE DO 8 DE SETEMBRO DE 2021

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Corrección de erros da Orde.

lunes, 25 de octubre de 2021

GUÍA DE ACTIVIDADES PARA A VOLTA Á AULA DO ALUMNADO HOSPITALIZADO

A Xunta de Galicia publica A Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado coa finalidade de axudar neste proceso ao círculo de persoas que rodean ao alumno durante a súa recuperación (familias, docentes, persoal sanitario e auxiliar) tendo en conta as  necesidades detectadas por persoas que xa viviron esta experiencia e facilitar a recuperación e reintegración do alumnado afectado por unha longa hospitalización na súa contorna académica habitual, minimizando as consecuencias emocionais, psicolóxicas e educativas.