Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Leirado realizou toda unha serie de actividades co gallo de dar visibilidade ás persoas con Síndrome de Down nas actividades cotiás, apostar pola importancia da diversidade e fomentar a súa inclusión:
- Asistimos á proxección das curtas Cromocuento e Síndrome de Down-Guía rápida.
- Asistimos ao centro con calcetíns distintos en cada pé,
- Buscamos o nosso calcetín desaparellado para formar palabras.
- Finalmente fixemos un mural colaborativo cos calcetíns desaparellados que colgamos en tendais.