Páginas

miércoles, 26 de marzo de 2025

BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2025-2026

Novidades máis destacadas para o curso 2025-2026

As solicitudes faranse na sede electrónica do Ministerio pero non será necesario imprimilas e presentalas no centro educativo; no seu lugar, a solicitude deberá presentarse telematicamente e as familia poderán descargar un resgardo que será o xustificante de ter presentado a solicitude en prazo. IMPORTANTE: a solicitude debe quedar en estado "Presentada" pero nunca en "Borrador" xa que, neste caso, non se podería tramitar.

Unha vez rematado o prazo de presentación, enviaranse as listaxes definitivas de alumnado que solicitou bolsa NEAE xunto cos anexos necesarios para a sua tramitación, é dicir, os certificados que debe cubrir o centro, o certificado de Inspección Educativa e o certificado do gabinete (e que as familias deben levar aos respectivos gabinetes e llo cubran).

Non será necesario que as familias aporten certificado de discapacidade do alumnado nin informes médicos, será suficiente con que o departamento de orientación certifique a necesidade en base á existencia deses documentos xustificativos. IMPORTANTE: no caso de discapacidade ou causas asociadas á discapacidade, igual que o curso pasado, para certificar a necesidade de apoio do alumno este deberá ter recoñecido un grao do 25 ou superior, pero nunca inferior.

No caso de alumnos que non poidan cumplimentar a solicitude de xeito telematico por carecer de DNI/ NIE definitivo, excepcionalmente existirá a opción de solicitala no impreso en papel cando estea dispoñible.

jueves, 6 de febrero de 2025

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS E INTELIXENCIA EMOCIONAL

Co obxectivo de promover o desenvolvemento da intelixencia emocional do noso alumnado, dende o Departamento de Orientación fixemos unha adaptación de materiais da Deputación de Guipúzcoa incluíndo actividades para desenvolver a conciencia, regulación e autonomía emocional  así coma habilidades socioemocionais  e benestar.



viernes, 17 de enero de 2025

PROGRAMA GALEGO DE ACOLLIDA E APOIO EDUCATIVO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO



A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de publicar un programa de medidas educativas e sociais dirixidas a facilitar a integración do alumnado estranxeiro nas aulas galegas.