Páginas

miércoles, 17 de junio de 2026

INICIO DA ESCOLARIDADE: INICIAMOS UNHA NOVA ETAPA NA ESCOLA

Deixamos a continuación unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo docente de educación infantil para as familias do alumnado que inicia a escolaridade o vindeiro curso escolar e facilitar así o comezo desta nova etapa. Deixamos tamén unha breve explicación da etapa de educación infantil.



XORNADA SEMANAL DO PERSOAL DOCENTE

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de regular a xornada semanal do persoal docente a través da Resolucióndo 16 de xuño de 2026, pola que se ditan instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente no curso académico 2026/27.




ATENCIÓN EMOCIONAL AO ALUMNADO CON TEA

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica un manual de axuda para alumnado con TEA nos centros educativos, unha guía de axuda dirixida aos centros educativos para acompañar e orientar na creación de contornas máis accesibles, estruturadas e inclusivas.

O documento pon o foco no benestar emocional, na inclusión e na convivencia positiva, ofrecendo orientacións para o centro, a aula, o patio... e a coordinación coas familias.


lunes, 25 de mayo de 2026

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.

O documento establece as pautas para a prevención, o control da asistencia, a xustificación das faltas e a tramitación das actuacións correspondentes nos casos de absentismo escolar.


Información e material complementario:




domingo, 24 de mayo de 2026

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO


Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ata o 10 de setembro do 2026.

Poden atopar toda a información desta convocatoria en:

domingo, 8 de marzo de 2026

GUÍA PARA A ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE CONDUTA NO ÁMBITO EDUCATIVO

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de publicar unha guía para abordar os conflitos e os problemas de conduta entendendo o conflito como parte da vida e como oportunidade para aprender, a conduta como fenómeno complexo, multicausal e cun propósito comunicativo e unha abordaxe  necesariamente educativa e de acompañamento.

Déixase enlace á guía e á ECA (exploración, comprensión e abordaxe).







lunes, 2 de febrero de 2026

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN NOS ÁMBITOS SANITARIO E EDUCATIVO ANTE O RISCO SUICIDA INFANTO-XUVENIL

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de actualizar o Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil.

Déixase enlace ao protocolo e ao anexo I.



viernes, 31 de octubre de 2025

GUAPA de CANIZALES: TRABALLANDO O AUTOCONCEPTO E A AUTOESTIMA

Onte con motivo da conmemoración do Samaín, o alumnado voluntario da biblioteca representou o conto Guapa de Canizales mediante teatro negro con luz ultravioleta. 

Este conto, que foi galardoado co Premio Apila Primeira Impresión 2016, como mellor proxecto do autor novel e o Premio Fundación Cuatrogatos 2018, é un conto sobre a autoestima e pon de manifesto a importancia de ser e aceptarse a un mesmo por riba das opinións dos demais.

Deixamos a continuación a representación elaborada polo equipo da biblioteca do centro:




viernes, 3 de octubre de 2025

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA A VIOLENCIA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Publicado onte na páxina da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional o Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo coa finalidade de establecer mecanismos claros para a prevención, detección e intervención en casos de violencia, asegurando unha resposta rápida e eficaz.




miércoles, 14 de mayo de 2025

OBRADOIRO CINEMA CON PERSPECTIVA

O 14 de maio o alumnado do centro visualizou unha seleción de 5 curtametraxes centrados en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Esta proxección incluíu un coloquio dinamizado por unha persoa experta para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidos.






miércoles, 7 de mayo de 2025

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO


Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ata o 11 de setembro de 2025.

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:



XORNADAS DE INCLUSIÓN DE INCLUSIÓN EDUCATIVA E BENESTAR EMOCIONAL

Os días 31 de maio e 7 de xuño en horario de10:00 a 14:00 h desenvolveránse no CFR de Vigo unhas Xornadas de Inclusión educativa e benestar emocional dirixidas ao profesorado e familias. 
Estas xornadas contarán coa participación de Paula Outón (dislexia), Paulina Bánfalvi (altas capacidades), Alexandre Caballero (saúde mental) e a Fundación Igualarte.



jueves, 3 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL SOBRE O AUTISMO

 O día 02 de abril, conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Baixo o lema "somos infinitos", o alumando de cole decorou este mural cheo de infinitos e escribiu unha bonitas palabras dedicadas ás persoas que teñen este tipo de características. O símbolo do infinito representa a diversidade infinita das persoas dentro do espectro autista.


miércoles, 26 de marzo de 2025

BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2025-2026

Novidades máis destacadas para o curso 2025-2026

As solicitudes faranse na sede electrónica do Ministerio pero non será necesario imprimilas e presentalas no centro educativo; no seu lugar, a solicitude deberá presentarse telematicamente e as familia poderán descargar un resgardo que será o xustificante de ter presentado a solicitude en prazo. IMPORTANTE: a solicitude debe quedar en estado "Presentada" pero nunca en "Borrador" xa que, neste caso, non se podería tramitar.

Unha vez rematado o prazo de presentación, enviaranse as listaxes definitivas de alumnado que solicitou bolsa NEAE xunto cos anexos necesarios para a sua tramitación, é dicir, os certificados que debe cubrir o centro, o certificado de Inspección Educativa e o certificado do gabinete (e que as familias deben levar aos respectivos gabinetes e llo cubran).

Non será necesario que as familias aporten certificado de discapacidade do alumnado nin informes médicos, será suficiente con que o departamento de orientación certifique a necesidade en base á existencia deses documentos xustificativos. IMPORTANTE: no caso de discapacidade ou causas asociadas á discapacidade, igual que o curso pasado, para certificar a necesidade de apoio do alumno este deberá ter recoñecido un grao do 25 ou superior, pero nunca inferior.

No caso de alumnos que non poidan cumplimentar a solicitude de xeito telematico por carecer de DNI/ NIE definitivo, excepcionalmente existirá a opción de solicitala no impreso en papel cando estea dispoñible.

lunes, 24 de marzo de 2025

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O Día Internacional do Síndrome de Down é unha xornada conmemorativa que se celebra anualmente o 21 de marzo dende o ano 2006, recoñecida pola Organización das Nacións Unidas o 19 de dicembre de 2011.


Na nosa escola tamén conmemoramos este día usando, como cada ano, calcetíns dispares e de cores chamativos como como símbolo de inclusión e diversidade. Os calcetíns foron elixidos como símbolo porque teñen unha forma similar á dos cromosomas e por iso, con eles fixemos un mural cheo destas medias desparelladas.

lunes, 10 de marzo de 2025

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o "Día da muller" no noso cole. Entre as actividades realizadas, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. Visitounos Laura Rodríguez, antiga alumna do noso cole e experta na evolución do papel da muller ao longo da historia.






jueves, 6 de febrero de 2025

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS E INTELIXENCIA EMOCIONAL

Co obxectivo de promover o desenvolvemento da intelixencia emocional do noso alumnado, dende o Departamento de Orientación fixemos unha adaptación de materiais da Deputación de Guipúzcoa incluíndo actividades para desenvolver a conciencia, regulación e autonomía emocional  así coma habilidades socioemocionais  e benestar.



viernes, 17 de enero de 2025

PROGRAMA GALEGO DE ACOLLIDA E APOIO EDUCATIVO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO



A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de publicar un programa de medidas educativas e sociais dirixidas a facilitar a integración do alumnado estranxeiro nas aulas galegas.





miércoles, 4 de diciembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O alumnado do noso cole realizou un programa de radio para falar do día internacional das persoas con distintas capacidades, entre outras conmemoracións que celebramos no mes de decembro:


martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Para reivindicar o día da eliminación da violencia contra a muller, as mestras e os mestres do noso cole repartíronse polas aulas para ler un conto de igualdade na hora de ler.

Ademáis desta actividade, ese día tamén puxemos en marcha as mochilas violetas, que viaxarán polas casas do noso alumnado levando contos de igualdade e coeducación.