No marco do Día Internacional contra o Acoso Escolar, Aldeas Infantiles SOS amosa a súa preocupación polo risco de sufrir ciberacoso debido ao aumento do tempo que a rapazada pasa conectada a internet durante o confinamento. Coa finalidade de axudar a previr, identificar e actuar cando se produce o ciberacoso, Aldeas Infantiles elaborou a seguinte guía práctica:
sábado, 2 de mayo de 2020
GUÍAS PARA O PROFESORADO SOBRE BULLYING E CIBERBULLYING
Deixamos dúas guías de recursos didácticos para centros educativos. Unha elaborada polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid e a Fundación Atresmedia (2014) e outra elaborada por Save the Children.
GUÍA PARA PREVENIR O ACOSO ESCOLAR
No día internacional contra o Acoso Escolar recomendamos a guía de UNICEF para a prevención do acoso.
viernes, 1 de mayo de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA DO CONFINAMENTO COS NENOS, NENAS E ADOLESCENTES
O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid detalla unha serie de recomendacións sobre cómo falar cos menores de 14 anos e preparar emocional e psicoloxicamente estas saídas, de maneira que poidan realizarse da maneira máis satisfactoria posible.
REGULACIÓN DE PASEOS E ACTIVIDADE FÍSICA
Hoxe publícase a Orde que regula as saídas para paseos e a actividade física a partires de mañá. Deixamos infografía resumo.
TEATRO EN FAMILIA: RUBICUNDO DE TEATRO DOS GHAZAFELHOS
Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos RUBICUNDO DE TEATRO DOS GHAZAFELHOS., unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que anímanos a perseguir os nosos soños. Unha obra chea de sorpresas con música, títeres, acrobacia e claqué.
Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!
COCIÑANDO EN FAMILIA
Propoñemos ademais para este fin de semana, facer en familia alguna das receitas de cociña propostas por Cociña en Familia de Afundación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





