Páginas

miércoles, 18 de noviembre de 2020

QUE PASA SE TEÑO QUE QUEDAR NA CASA UNS DÍAS?

Se por calquera circunstancia tes que quedar uns días na casa, non debes preocuparte. No cole temos todo preparado para acompañarte durante eses días. Ides seguir as clases dende casa coa axuda de todo o profesorado.

A aprendizaxe na casa é unha tarefa un pouquiño máis complexa que o traballo no cole. Ter rutinas é unha das dificultades que ides atopar e se fai imprescindible o uso de horarios.

É por iso que dende o Departemento de Orientación fixemos esta guía para estudar e aprender dende casa tendo en conta o voso grao de autonomía na realización das tarefas.

 

Esperamos que sexa de axuda para aqueles/as que teñades que estar durante uns días na casa… Eso sí, non vos esquezades de contactar connosco sempre que o necesitedes e seguir as clases tendo en conta as indicacións do voso profesorado!!!

 

 



martes, 17 de noviembre de 2020

SOLUCIONANDO CONFLITOS

Coa finalidade de axudar ao noso alumnado a desenvolver as súas habilidades para resolver conflitos de forma autónoma e e coa menor axuda do adulto, poñemos a súa disposición a seguinte ferramenta para fomentar a reflexión sobre un conflito dado, para comprender o papel das súas emocións e para tomar conciencia das súas condutas.

A través da reflexión, a comunicación e a negociación buscamos alternativas para a resolución pacífica de conflitos.

Con esta actividade pretendemos desenvolver a habilidade de resolver conflitos a través do acercamento e o acordo, pretendemos fomentar a visión do conflito como unha oportunidade de aprender e chegar a un acordo, e pretendemos favorecer a reflexión sobre as nosas emocións, pensamentos e actuacións.

Eliximos un lugar adecuado e comezamos!





lunes, 7 de septiembre de 2020

COMO FACILITAR O USO DA MÁSCARA POR PARTE DO ALUMNADO TEA

Deixamos unhas pautas de Iris Carabal Reyes para as familias do alumnado con TEA que así o desexen para facilitar o uso da máscara de protección.




RECOMENDACIÓNS DA AEP SOBRE A REINCORPORACIÓN Á ESCOLA DOS NENOS E NENAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS

Deixamos as recomendacións  da Asociación Españoña de Pediatría para a reincorporación do alumnado con enfermidade crónica. 

Neste documento se recollen o conxunto de medidas que se consideran importantes e específicas en cada grupo de pacientes.  Estas recomendacións iranse revisando polos expertos e poderán ser modificadas en función da evolución da situación epidemiolóxica, as recomendacións xerais do Ministerio de Sanidade e da publicación de novos documentos científicos que modifiquen a evidencia da que se dispón ata o momento actual.

Recordade que debemos ter en conta que para tomar calquera decisión e ante calquera dúbida debemos acudir ao especialista responsable de cada paciente.

RECOMENDACIÓNS DA AEP



domingo, 6 de septiembre de 2020

COMO VOLVER Á ESCOLA? PAUTAS PARA AS FAMILIAS E O PROFESORADO SOBRE AS EMOCIÓNS

 A volta á escola pode supor unha situación de estrés para o profesorado, os nenos e nenas e para as familias. A situación na que nos atopamos, a incertidume, o medo a ser contaxiados polo COVID... É de gran axuda poder manexar o estrés e a ansiedade que causan certos cambios.

É por todo iso que imos deixar unhas pautas de Ismael Simón Álvarez, psicólogo xeral sanitario do centro psicopedagóxico Don Sancho de Valladolid e publicadas en Familia y Salud.





jueves, 13 de agosto de 2020

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: dende o 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:


viernes, 7 de agosto de 2020

ENTRAMOS NA ESCOLA

Comezamos a escola o 10 de setembro pero antes queríamos deixar unhas pautas sobre hábitos para pais e nais de nenos e nenas que inician a escolarización este curso, unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de Educación Infantil que faciliten o inicio da escolaridade e o díptico de benvida da escola ADAPTADO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 que contén as principais normas do centro e o calendario do período de adaptación.