Páginas

miércoles, 26 de marzo de 2025

BOLSAS DE ESTUDOS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2025-2026

Novidades máis destacadas para o curso 2025-2026

As solicitudes faranse na sede electrónica do Ministerio pero non será necesario imprimilas e presentalas no centro educativo; no seu lugar, a solicitude deberá presentarse telematicamente e as familia poderán descargar un resgardo que será o xustificante de ter presentado a solicitude en prazo. IMPORTANTE: a solicitude debe quedar en estado "Presentada" pero nunca en "Borrador" xa que, neste caso, non se podería tramitar.

Unha vez rematado o prazo de presentación, enviaranse as listaxes definitivas de alumnado que solicitou bolsa NEAE xunto cos anexos necesarios para a sua tramitación, é dicir, os certificados que debe cubrir o centro, o certificado de Inspección Educativa e o certificado do gabinete (e que as familias deben levar aos respectivos gabinetes e llo cubran).

Non será necesario que as familias aporten certificado de discapacidade do alumnado nin informes médicos, será suficiente con que o departamento de orientación certifique a necesidade en base á existencia deses documentos xustificativos. IMPORTANTE: no caso de discapacidade ou causas asociadas á discapacidade, igual que o curso pasado, para certificar a necesidade de apoio do alumno este deberá ter recoñecido un grao do 25 ou superior, pero nunca inferior.

No caso de alumnos que non poidan cumplimentar a solicitude de xeito telematico por carecer de DNI/ NIE definitivo, excepcionalmente existirá a opción de solicitala no impreso en papel cando estea dispoñible.

lunes, 24 de marzo de 2025

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O Día Internacional do Síndrome de Down é unha xornada conmemorativa que se celebra anualmente o 21 de marzo dende o ano 2006, recoñecida pola Organización das Nacións Unidas o 19 de dicembre de 2011.


Na nosa escola tamén conmemoramos este día usando, como cada ano, calcetíns dispares e de cores chamativos como como símbolo de inclusión e diversidade. Os calcetíns foron elixidos como símbolo porque teñen unha forma similar á dos cromosomas e por iso, con eles fixemos un mural cheo destas medias desparelladas.

lunes, 10 de marzo de 2025

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o "Día da muller" no noso cole. Entre as actividades realizadas, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. Visitounos Laura Rodríguez, antiga alumna do noso cole e experta na evolución do papel da muller ao longo da historia.






jueves, 6 de febrero de 2025

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS E INTELIXENCIA EMOCIONAL

Co obxectivo de promover o desenvolvemento da intelixencia emocional do noso alumnado, dende o Departamento de Orientación fixemos unha adaptación de materiais da Deputación de Guipúzcoa incluíndo actividades para desenvolver a conciencia, regulación e autonomía emocional  así coma habilidades socioemocionais  e benestar.



viernes, 17 de enero de 2025

PROGRAMA GALEGO DE ACOLLIDA E APOIO EDUCATIVO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO



A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de publicar un programa de medidas educativas e sociais dirixidas a facilitar a integración do alumnado estranxeiro nas aulas galegas.





miércoles, 4 de diciembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O alumnado do noso cole realizou un programa de radio para falar do día internacional das persoas con distintas capacidades, entre outras conmemoracións que celebramos no mes de decembro:


martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Para reivindicar o día da eliminación da violencia contra a muller, as mestras e os mestres do noso cole repartíronse polas aulas para ler un conto de igualdade na hora de ler.

Ademáis desta actividade, ese día tamén puxemos en marcha as mochilas violetas, que viaxarán polas casas do noso alumnado levando contos de igualdade e coeducación.