Páginas

viernes, 27 de marzo de 2020

PLANAZO DE FINDE: Receitas adaptadas

Queremos deixar para este finde un bo plan. O equipo Técnico  de Atención Diurna Terapéutica Aspanaes Villestro comparten 3 estupendas e sinxelas receitas para facer este finde de confinamento. Compartímolas convosco por se alguén se anima!





O equipo AchégaTEA comparte tamén estas outras receitas adaptadas. 


Seguro que todas están boísimas!!



jueves, 26 de marzo de 2020

CAMPAÑA RESPECTA O MEU AUTISMO


Recursos para familias con fillos/as con trastorno do espectro do autismo (TEA)

Achegamos toda unha serie de recursos da Confederación de Autismo España para famlias con fijjos/as con trastorno do espectro do autismo.








CONSELLOS PARA O TEMPO NA CASA DO ALUMNADO CON TEA


Deixámosvos unhas recomendacións que nos deixa a Federación Autismo Galicia para aquelas familias do alumnado con TEA para afrontar esta situación e minimizar o sentimento de culpabilidade ante a situación que estamos a vivir:

  1. Día a día.
  2. Anticipación da situación "quedo na casa".
  3. Planificación do día e estruturación do tempo.

miércoles, 25 de marzo de 2020

Conferencia informativa online para familias: Síndrome de Down e coronavirus

Mañá ás 19,00 h terá lugar unha conferencia organizada por @DownEspana na que o doctor Pepe Borrel asesorará ás familias sobre o coronavirus.

Enlace:https://zoom.us/j/164019888


O mostro de cores axúdanos a recoñocer as nosas emocións ante o coronavirus.

O conto de Anna Llenas "O monstro de cores" é convertido nun audioconto por Antena 3 para axúdanos a comprender as emocións que está a provocar en nós esta situación provocada polo coronavirus e  anímanos a recoñecer e expresar os nosos sentimentos.





9 receitas de plastilina caseira

A profe Glenda fainos unha proposta para a elaboración de plastilina caseira (Pequeocio) coa que favorecemos a motricidade e pasámolo estupendamente á vez
.

Programa de ocio para a cuarentena

A profe Rocío déixanos hoxe  un completo programa de ocio para a cuarentena elaborado pola Asociación Asperger de Murcia.


martes, 24 de marzo de 2020

MANTENTE ACTIVO NA CASA

Down Galicia propón toda unha serie de actividades e xogos motores que se poden realizar no interior para que as persoas con e sen discapacidade poidan manterse activas fisicamente durante a estancia na casa.

Deixamos enlace ao documento de Down Galicia e enlace para Android e Apple.
APP en Android: bit.ly/2y8ackZ
APP en Apple: apple.co/33G4iD2


Misión quedar na casa

Hoxe a profe Glenda fai unha proposta para que contes as cousas que estas facendo estes días na casa (conto do ilustrador Dalmaus e traducido ao galego por Cristina Delgado). Anímaste a participar?




SERVIZO DE PRIMEIROS AUXILIOS EMOCIONAIS

A Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia pon un servizo telefónico de apoio emocional para axudar a xestionar as inquedanzas e o posible malestar derivado da situación de alarma que estamos vivndo estes días.


lunes, 23 de marzo de 2020

Recomendacións para pasar na casa os días sen clase

Deixámosvos tamén algunhas recomendacións elaboradas polo Equipo de Orientación Educativa de Infantil e Primaria de Zaragoza para pasar na casa os días sen clase.


Axenda de tarefas escolares para casa

Achegamos un modelo de axenda visual con pictogramas (de Ángeles López Cara e pictogramas de ARASAAC) cunha proposta de rutinas para que poidades programar e realizar tarefas escolares na casa. 
Inclúe ademáis un panel para sinalar o día da semana, mes, estación, tempo e emocións.

Agardamos que sexa de axuda!



Indicacións para o confinamento para as familias do alumnado con TEA

Achegamos unha serie de Infografías de Iris Carabal Reyes e pictogramas de ARASAAC cunha serie de indicacións para as familias a ter en conta no confinamento a causa do Coronavirus en persoas con TEA 




Non esquezades lavar as mans!!


domingo, 22 de marzo de 2020

APRENDEMOS NA CASA

A CRTVG en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional emitirá de luns a venres, entre as 11,00 e as 13,00 horas, pola G2, un bloque educativo como complemento aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino.


Do mesmo xeito, este luns,  23 de marzo, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE, pon en marcha Aprendemos na casa, unha iniciativa dirixida aos alumnos e alumnas de 6 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial. 
Esta iniciativa está dirixida especialmente aos estudantes de familias socialmente máis vulnerables  e que carecen de recursos para seguir as actividades on -line  ou con dificultades de conexión á rede.
Trátase dunha programación semanal de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto de luns a venres en Clan TV (alumnado de educación primaria) e na 2 de TVE (alumnado de educación secundaria).
Non olvidedes que esta forma de aprender é sempre complementaria e nunca substitúe o traballo que está a desenvolver  de forma telemática o voso profesorado!


Eu coma ti

A profe Rocío , achega hoxe Eu coma ti, un documento da FEAPS Madrid con ilustracións e textos de David e Paola de la Mano,  no que se pretende acercar a discapacidade intelectual á sociedade, nun mundo diverso formado por persoas úncias e irrepetibles.


sábado, 21 de marzo de 2020

Calcetíns desparellos para conmemorar o día mundial do Síndrome de Down


Tras cancelarse todas as actividades que estaban programadas con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down, dende o CEIP de Leirado sumámonos ao reto seguido entre outras organizacións por Down Galicia "Calcetíns desparellos". Esta iniciativa pretende dar visibilidade ás persoas con Síndrome de Down nas actividades cotiás, apostar pola importancia da diversidade e fomentar a súa inclusión.

Esta é unha iniciativa que ten a súa orixe no Reino Unido, onde unha nena británica de 5 anos, Chloe Lennon, pediu a través de redes sociais que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. Esta iniciativa foi compartida por máis de 700.00 persoas.

Animámosvos, pois, a que enchades as redes sociais de calcetíns de todas a cores  baixo as etiquetas #DíaMundialSíndromeDown e #CalcetinesDesparejados 




O emocionómetro do Inspector Drilo

A profe Glenda déixanos unha adaptación de Acuario Teatro do libro de Susanna Isern O emocionómetro do Inspector Drilo no que o Inspector Drilo axúdanos a utilizar o EMOCIONÓMETRO que nos mesmos poderemos fabricar para facer xirar a roda das emocións e saber que sentimos.


O SÁNDWICH DE MARIANA

A profe Rocío propón ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria o visionado da película de Carlos Cuarón O sándwich de Mariana. Con esta curtametraxe imos traballar o recoñecemento das emocións alleas, a empatía, a asertividade... 

Esperamos que vos guste!



E agora... sodes capaces de responder as seguintes preguntas?
  1. Que significa acoso escolar, vitima, acosador ou acosadora, maltrato, solucións?
  2. Reflexiona e pensa:
    • Como actuarías ante esa situación?, Intervirías ou non?, Por que?
    • Como cres que se sinte a protagonista (Mariana)?
    • Cres que é un feito natural que os compañeiros e compañeiras traten dese modo a Mariana?
    • Cal das dúas rapazas é vitima de violencia?
    • Paréceche adecuada a reacción de Mariana?

viernes, 20 de marzo de 2020

As persoas con trastorno do espectro autista poderán saía á rúa



As persoas con trastorno do espectro autista poderán saír á rúa acompañadas. O Ministerio de Sanidade, confirmó a Instrución de 19 de marzo de 2020, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. que establece criterios interpretativos en relación ás actividades permitidas e que afectan ao libre dereito de circulación das persoas, e concretamente ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. 
Esta instrución ten por obxecto establecer criterios interpretativos en relación ás astividades que afectan ao libre dereito de circulación das persoas e nel se habilitan ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, por exemplo, persoas con diagnostico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado polo situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e un acompañante, a circular polas vías de uso público, a condición de que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Dende Autismo Galicia recomendan "utilizar esta medida de flexibilidade normativa como excepcionalidade para saír unicamente no caso de que existan alteracións condutuais graves, cando sexa absolutamente imprescindible, e non esixta outra alternativa, sempre que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio".

Lembrade realizar estas saídas cando a situación dos vosos/as fillos/as se vexa agravada por esta situación de confinamento e respectando as medidas necesarias para evitar o contaxio!

Deixámosvos co seguinte enlace de Autismo Galicia, explicando esta nova con máis detalle.






miércoles, 18 de marzo de 2020

Persoas con discapacidade e limitación da liberdade de circulación - COVID-19

No artigo 7 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 establece en canto a limitación da liberdade de circulación das persoas no punto 1:
que durante a vixencia do estado de alarma as persoas únicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada:
a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
...



Educación contra o coronavirus: 10 tarefas da rutina diaria


Deixámosvos un artigo de UNICEF que considera o establecemento de rutinas nestes días de illamento doméstico unha oportunidade para contar coa opinión, a responsabilidade e o compromiso de nenos, nenas e mozos e mozas:








Que está pasando? Quedámonos na casa


Non podemos ir ao cole e temos que quedar na casa. Que podemos facer?

Materiais elaborados por Álvaro Aranda con pictogramas de Sergio Palau de ARASAAC.

martes, 17 de marzo de 2020

Pautas de audición e linguaxe para os rescatadores/as de palabras

A profe Paula, achega unha serie de recomendacións para todo o seu alumnado, os rescatadores/as de palabras, para conseguir unha axeitada produción dos sons da fala.
Ademais envía unha aperta moi forte a cada un de vós, moito cariño e ánimo para levar esta situación que nos está tocando pasar.
Esperamos que pronto poidades seguir falando e rescatando palabras xuntos/as.

Que é o coronavirus?

Queremos comezar o noso blog cunha explicación con pictogramas moi sinxela, elaborada polo SADT Aspanaes Santiago, sobre o que é o coronavirus.
Incluímos unha guía adaptada elaborada por Nerea Ortiz Moreno con pictogramas de Sergio Palao (ARASAAC) coa que poder explicar diferentes aspectos relacionados co Coronavirus.



Tamén deixámosvos este conto do Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid para explicar aos nenos e nenas o coronavirus e outros posibles virus.







Benvidos/as ao blog de ORIENTACIÓN DE LEIRADO:

As mestras de Audición e Linguaxe , Pedagoxía Terapéutica e Orientadora, queremos seguir tamén tendo contacto co alumnado do cole durante o tempo que estean suspendidas as clases e axudar en todo aquilo que poidamos. 
Por este motivo creamos este blog que esperamos que vos sexa de axuda. Tamén podedes contactar connosco no seguinte enderezo orientacionleirado@gmail.com.