As persoas con trastorno do espectro autista poderán saír á rúa acompañadas. O Ministerio de Sanidade, confirmó a Instrución de 19 de marzo de 2020, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. que establece criterios interpretativos en relación ás actividades permitidas e que afectan ao libre dereito de circulación das persoas, e concretamente ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
Esta instrución ten por obxecto establecer criterios interpretativos en relación ás astividades que afectan ao libre dereito de circulación das persoas e nel se habilitan ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, por exemplo, persoas con diagnostico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado polo situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e un acompañante, a circular polas vías de uso público, a condición de que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.
Dende Autismo Galicia recomendan "utilizar esta medida de flexibilidade normativa como excepcionalidade para saír unicamente no caso de que existan alteracións condutuais graves, cando sexa absolutamente imprescindible, e non esixta outra alternativa, sempre que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio".
Lembrade realizar estas saídas cando a situación dos vosos/as fillos/as se vexa agravada por esta situación de confinamento e respectando as medidas necesarias para evitar o contaxio!
Deixámosvos co seguinte enlace de Autismo Galicia, explicando esta nova con máis detalle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario