Co obxectivo de dar visibilidade a este colectivo e reivindicar os seus dereitos, cada 18 de febrero, dende o ano 2007, celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data de nacemento de Hans Asperger, psiquiatra austríaco que describiu por primeira vez esta síndrome.
Na actualidade e segundo os criterios actuais de
diagnóstico, identificaríase como
“trastorno do espectro do autismo ( TEA) sen discapacidade intelectual
asociada”.
Pero que é a síndrome de Asperger?
Trátase dun trastorno de orixe neurobiolóxico enmarcado dentro dos Trastornos do Espectro do Autismo que presenta alteracións nas áreas da relación social, comunicación e inflexibilidade mental e do comportamento.
Comprende un conxunto de alteracións
sociais que dificultan o entendemento e os protocolos sociais xerando condutas
pouco adaptativas e problemas de desenvolvemento coa contorna.
Son moitas as personalidades famosas que teñen este
cadro neurolóxico. Algunhas delas son: Andy Warhol, Dan Aykroyd, Steven
Spielberg, Tim Burton ou Keanu Reeves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario