Páginas

domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

 O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Down,  data designada pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2011.

A razón de que se conmemore o 21 de marzo radica en que se trata do día 21 do mes número tres representando a trisomía do cromosoma 21 (21/03), causa da síndrome de Down.

O cualificativo “Down” foi designado por primeira vez en 1866 polo doutor británico John Langdon Haydon Down, pioneiro en identificar e describir as características clínicas que tiñan en común as persoas con síndrome de Down.

Nós para conmemorar este día, deixamos o libro “Xela celebra o seu aniversario” creado por Pepe Carreiro, protagonizado polos personaxes de Os Bolechas e editado pola Federación Down Galicia para fomentar a inclusión e a importancia de vivir nunha sociedade diversa e non excluínte.




miércoles, 17 de marzo de 2021

CAIXA DA CALMA: PARA QUE? NORMAS DE USO


 Para que?

Para reducir os niveis de tensión e ansiedade a través do uso de elementos  reguladores da conduta para persoas con alteracións sensoriais e/ou de conduta: masaxeadores, reloxos de area, botellas de calma, bolsas sensoriais, peluches ou obxectos de apego, axóuxeres,  mandalas, pelotas  antiestrés… elementos eficaces escollidos conxuntamente co alumno/a en función das súas necesidades e gustos pero á vez elementos manexables, seguros e accesibles.


O alumnado pode recorrer á caixa para relaxarse ou volver á calma despois de situacións que lle produzan frustración, enfado, rabia… pero sobre todo o docente debe usala de forma preventiva, antes de que apareza a conduta que quere evitar. 

Normas de uso