O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Down, data designada pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2011.
A razón de que se conmemore o 21 de marzo radica
en que se trata do día 21 do mes número tres representando a trisomía do
cromosoma 21 (21/03), causa da síndrome de Down.
O cualificativo “Down” foi
designado por primeira vez en 1866 polo doutor británico John Langdon Haydon
Down, pioneiro en identificar e describir as características clínicas que tiñan
en común as persoas con síndrome de Down.
Nós para conmemorar este día,
deixamos o libro “Xela celebra o seu aniversario” creado por Pepe Carreiro, protagonizado polos personaxes de Os Bolechas e editado pola Federación Down
Galicia para fomentar a inclusión e a importancia de vivir nunha sociedade
diversa e non excluínte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario