Que é a PROTANOPIA?
“A protanopia é a carencia de sensibilidade á cor vermella, unha disfunción
visual relacionada coa percepción da cor. Denomínase tamén dicromacia vermella.
Consiste na ausencia de actividade funcional dos protoconos, que son sensibles
á porción vermella do espectro visible. Por tanto, os individuos que sofren
protanopia padecen unha perda clara de sensibilidade á luminosidade do extremo
vermello do espectro cromático.” (WIKIPEDIA).
Espectro que visualiza una persoa con protanopia.
- Confusión do negro con moitas tonalidades de vermello.
- Confusión do marrón escuro con verde escuro, laranxa escuro e vermello escuro.
- Confusión de algúns azuis con algúns vermellos, púrpuras e rosas escuros.
- Confusión de verdes medios con laranxas.
Orientacións ao profesorado:
Apórtanse:
FORMAS DE AXUDAR A UN/UNHA ESTUDANTE CON ALTERACIÓN NA VISIÓN DE CORES
- Utilizar un forte contraste tanto no encerado (negro sobre branco ou branco no encerado convencional) coma nas pantallas das computadoras.
- Evitar usar o vermello, verde, laranxa ou pastel e, no caso de usar cores, subliñar as palabras que se desexa salientar.
- Facer fotocopias cun alto contraste entre branco e negro e non en papel de cor.
- Escribir os nomes das cores se son relevantes (sol ou xofre: amarelo; ra ou clorofila: verde...).
- Asegurarse de que os materiais con cores estean debidamente etiquetados.
- Asignar a un compañeiro/a de clase para que axude ao/á estudante cando se estea usando diagramas ou imaxes de cores ou/e experimentos científicos.
BIBLIOGRAFÍA:
https://es.wikipedia.org/wiki/Protanopia.