Baixo o
lema O verán que queres contar, a Xunta de Galicia oferta, durante
os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia (9 anos en adiante)
- Campos de
voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro (a partires dos 18 anos).
- Programas de
intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Minicampamentos
“Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Uso de
instalacións xuvenís por parte de entidades.
O prazo de presentación solicitudes abrirase,
para unha parte dos programas, hoxe, mércores 18 de maio.
En
aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de
discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao
tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a
mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden
decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo
procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén
existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos
específicos para persoas con discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario