Páginas

lunes, 26 de septiembre de 2022

PAUTAS PARA AS FAMILIAS SOBRE A SOBRE-ESIXENCIA


A sobre-esixencia é relativamente frecuente nunha sociedade na que se premia a excelencia. Algúns dos factores que poden influír na sobre-esixencia son os modelos de conduta que vemos na nosa contorna inmediata (familia), a intelixencia elevada, a nosa autoimaxe…



Algunhas sinais de sobre-esixencia

  •  Non nos gusta perder.
  • Amosamos sensibilidade as reaccións dos outros e ás críticas.
  • Amosamos sensibilidade a todo tipo de fracasos.
  • Evitamos tarefas que non se nos dan ben.
  • Evitamos probar cousas novas por medo a que non se nos dean ben.
  • Buscamos a aprobación e recoñecemento dos outros. 
  • Rixidez respecto a os resultados. 
  • Tendencia a resaltar os erros dos outros.
  • Baixa tolerancia á frustración. A tolerancia á frustración adoita mellorar coa maduración.
  • A sobre-esixencia pode converterse nun problema cando fáisenos difícil sentirnos alegres ou satisfeitos co que conseguimos.

Pautas para traballar a sobre-esixencia infantil

  •  Educar no esforzo e non no resultado. Hai diferentes circunstancias que inflúen no resultado e que non se poden controlar. Aprendemos a desfrutar da experiencia e aprendemos dos erros para mellorar. 
  • Expectativas. Establecer metas realistas, que faciliten o cumprimento dos plans sen sentirnos presionados por alcanzar os obxectivos. 
  • Facilitar o desenvolvemento da tolerancia á frustración aprendendo a xestionar os fracasos e os sentimentos que xeran desde a oportunidade de aprender dos erros. 
  • Transmitir a idea aos nosos fillos e fillas de que os aceptamos e queremos tal e como son, independentemente das súas equivocacións, porque o importante é o esforzo. 
  • Crear un clima de confianza e de seguridade onde nos sintamos cómodos e seguros das nosas calidades e aptitudes, sen necesidade de aprobación constante por parte das persoas da contorna.
  • Linguaxe e actitude. Tolerancia á imperfección. Os adultos somos modelo de comportamento e “pensamento” para os fillos e fillas. A forma en que reaccionamos ante a adversidade e verbalizamos os nosos sentimentos é un exemplo de afrontamento para eles.
  • Evitar os afagos constantes. Celebramos os seus éxitos, pero non os esaxeramos para evitar que dependan do noso encomio para sentirse ben consigo mesmos. Ás veces a sobre-esixencia aparece cando o neno ou a nena está demasiado afeito escoitar as palabras “moi ben” chegando a evitar facer as cousas que non lle saen “moi ben” e evitando enfrontarse a tarefas novas. Reforzar con moderación e tentar salientar aspectos concretos do que fixo evitando dicir a palabra moi ben. Non infravalorar as súas preocupacións, recoñecer os seus sentimentos e validalos.
  • Oportunidades para triunfar e fallar. Facilitar que gañen e perdan alternativamente no xogo, falarlles acerca das persoas que admiran e como tamén cometen erros... Facerlle ver a importancia dos fallos e aprender dos mesmos.
  • Persistencia. A persistencia é o complemento ideal para a esixencia. A esixencia pode ser un trazo de carácter que non vai desaparecer polo que ademais de axudarlle a reducir as súas expectativas e asumir os fracasos, podémoslle ensinar a non renderse ante eses mesmos fracasos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario