Páginas

jueves, 7 de diciembre de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo da conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade, dentro do Proxecto Documental Integrado anual do centro Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción cada curso do centro traballou un corto relacionado cun tipo de discapacidade ou diversidade e preparou un fotograma sobre o mesmo coa finalidade de recoñecer, valorar e naturalizar a diversidade.

 

As curtametraxes elixidas foron Tamara, El regalo, Pip, El cazo de Lorenzo, Cuerdas, Ían, Valentina, Mi amigo Mac e Wonder.


CINE E LECTURA PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Comparto a selección de cine e lectura realizada polo equipo de biblioteca para a conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade dentro do Proxecto Documental Integrado Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción!


sábado, 25 de noviembre de 2023

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o equipo de biblioteca repartiu as mochilas viaxeiras violetas que percorrerán os fogares do noso alumnado e fixo unha selección de contos para traballar a igualdade de xénero e a eliminación de estereotipos sexistas:





 

sábado, 21 de octubre de 2023

GUÍA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou unha guía para desenvolver o Plan de Benestar Emocional nos centros educativos galegos. Esta guía ofrece indiccións prácticas das diferentes medidas que se contemplan no plan, estratexias concretar para fortalecer o benestar emocionar, así como para resolver os conflitos que poidan xurdir.



domingo, 18 de junio de 2023

MANUAL DE AXUDA PARA A ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou un manual de axuda para a elaboración das programacións didácticas das etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.






lunes, 12 de junio de 2023

TRANSICIÓN AO IES: PAUTAS PARA O ALUMNADO E FAMILIAS

Deixamos ao alumnado e ás familias de 6º curso de educación primaria unha guía para facilitar o acceso ao IES. Cambiamos de etapa e de centro e queremos acompañar unha vez máis aos nosos pequenos e pequenas neste momento de cambios, de asunción de novas responsabilidades, de moitos nervios...

Moita sorte para os nosos cativos e cativas nesta nova etapa!!!




INICIO DA ESCOLARIDADE: INICIAMOS UNHA NOVA ETAPA NA ESCOLA

Deixamos a continuación unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de educación infantil para as familias do alumnado que inicia a escolaridade o vindeiro curso escolar e facilitar así o comezo desta nova etapa. Deixamos tamén unha breve explicación da etapa de educación infantil.

BENVIDOS e BENVIDAS Á ESCOLA!!!







jueves, 8 de junio de 2023

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO


Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ata o 20 de setembro de 2023.

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:

miércoles, 26 de abril de 2023

SINAIS TEMPERÁS DO AUTISMO

Compartimos cartel informativo e vídeo da Confederación Autismo España sobre as sinais temperás no autismo co obxetivo de divulgar a información e mellorar así a detección e a intervención precoz dos nenos e nenas  con TEA.



lunes, 3 de abril de 2023

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Dende o equipo da biblioteca do centro, a profe Silvia, mestra especialista en Audición e Linguaxe, presentounos toda unha serie de recursos que puxo a disposición do profesorado e familias do centro:



jueves, 23 de marzo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Leirado asistiu ao centro con calcetíns distintos en cada pé. Ademais todo o alumnado, a través dos equipos de traballo cooperativo, pintaron pares de calcetíns desaparellados que colgaron en tendais. 

Con esta iniciativa pretendemos dar visibilidade ás persoas con Síndrome de Down nas actividades cotiás, apostar pola importancia da diversidade e fomentar a súa inclusión.

Esta é unha iniciativa que ten a súa orixe no Reino Unido, onde unha nena británica de 5 anos, Chloe Lennon, pediu a través de redes sociais que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. Esta iniciativa foi compartida por máis de 700.000 persoas.


O equipo de biblioteca, pola súa parte, ofreceu diferentes recursos para traballar na aula:

Por último, a profe de música convidounos a facer a entrada e saída do centro coa seguinte canción:

miércoles, 4 de enero de 2023

ALUMNADO CON TDAH: PAUTAS PARA FAMILIAS

Para mellorar a súa autoestima:

  • Descubrir e mostrarlle as súas habilidades e capacidades confiando e crendo nelas.
  • Ofrecerlle responsabilidades acordes ás súas posibilidades.
  • Axudarlle a aceptar as súas propias limitacións e ofrecerlle a axuda necesaria para superalas.
  • Aceptar e valorar ao noso fillo/a como persoa non só polos seus éxitos e habilidades.
  • Substituír nas nosas indicacións o verbo “ser” polo verbo “estar”. Por ex.: “a túa habitación está desordenada” en lugar de “es un desordenado”.

Para motivar a súa aprendizaxe:

  • Concentrarse no esforzo realizado felicitándoo en lugar de nas súas cualificacións.
  • Crear hábitos de estudo cun lugar e un horario estable, regulando tempos de traballo e descanso e adaptando as esixencias de estudo ou traballo ás súas necesidades en lugar de diminuír estas esixencias.
  • Estimular as súas habilidades e capacidades adecuando as actividades extraescolares ás mesmas para potenciar a súa autoestima.
  • Manter contacto estreito co profesorado fomentando unha relación positiva.

Para mellorar a súa organización:

  • Utilizar listas coas normas, horarios e calendarios en lugares visibles: horario de actividades, tempos de estudo e tarefas e lecer, actividades extraescolares, planificación da fin de semana...
  • Crear rutinas diarias cun horario estable para achegar seguridade.
  • Usar alarmas e reloxos grandes e sinxelos para marcar tempos.
  • Usar axendas que lle permita organizarse.
  • Tentar que haxa un sitio fixo e ben sinalizado para cada cousa.
  • Actuar como modelo de exemplo.