Para mellorar a súa autoestima:
- Descubrir e mostrarlle as súas habilidades e capacidades confiando e crendo nelas.
- Ofrecerlle responsabilidades acordes ás súas posibilidades.
- Axudarlle a aceptar as súas propias limitacións e ofrecerlle a axuda necesaria para superalas.
- Aceptar e valorar ao noso fillo/a como persoa non só polos seus éxitos e habilidades.
- Substituír nas nosas indicacións o verbo “ser” polo verbo “estar”. Por ex.: “a túa habitación está desordenada” en lugar de “es un desordenado”.
Para motivar a súa aprendizaxe:
- Concentrarse no esforzo realizado felicitándoo en lugar de nas súas cualificacións.
- Crear hábitos de estudo cun lugar e un horario estable, regulando tempos de traballo e descanso e adaptando as esixencias de estudo ou traballo ás súas necesidades en lugar de diminuír estas esixencias.
- Estimular as súas habilidades e capacidades adecuando as actividades extraescolares ás mesmas para potenciar a súa autoestima.
- Manter contacto estreito co profesorado fomentando unha relación positiva.
Para mellorar a súa organización:
- Utilizar listas coas normas, horarios e calendarios en lugares visibles: horario de actividades, tempos de estudo e tarefas e lecer, actividades extraescolares, planificación da fin de semana...
- Crear rutinas diarias cun horario estable para achegar seguridade.
- Usar alarmas e reloxos grandes e sinxelos para marcar tempos.
- Usar axendas que lle permita organizarse.
- Tentar que haxa un sitio fixo e ben sinalizado para cada cousa.
- Actuar como modelo de exemplo.
Para fomentar as súas habilidades sociais:
- Observarlle mentres xoga para ver os seus éxitos e fracasos deseñando un sistema de sinais para usar en distintas situacións sociais.
- Involucralo en actividades de grupo atendendo aos seus intereses e habilidades e nalgunha actividade deportiva individual (natación, baile, etc.)
- Actuar como modelo de exemplo.
Fomentar o lecer compartido:
- Compartir tempo.
- Tratar de manter un horario acordado por ambas as partes aceptando as súas suxerencias.
- Planificar actividades culturais, educativas e na natureza.
- Compartir tempo para realizar as tarefas diarias: cociñar, elaborar a lista da compra...
- Tomarse un “tempo fóra” dando un paseo cando a inquietude motora así o requira.
- Reservar un tempo de calma para o final do día: ler xuntos, escoitar música tranquila, charlar…
Para facilitar a comprensión de regras e normas:
- Simplificar as regras e normas de casa situándoas nun sitio visible. Definilas claramente e coñecer as consecuencias do seu incumprimento.
- Axudarlle a facer as cousas dándolle instrucións paso a paso. Segmentar as tarefas en pasos. Por ex.: “ve á túa habitación, coloca os xoguetes na súa caixa, garda a roupa no armario e fai a cama” en lugar de “recolle o teu cuarto”.
- Axudarlle lembrándolle ou avisándoo con antelación, repetíndolle a orde, botándolle unha man.
- Asegurarse de que comprende as instrucións mirándolle aos ollos, falándolle con voz clara e acougada, con oracións curtas e simples e pedíndolle que o repita.
- Utilizar un sistema de puntos sinxelo coas principais normas que quere que cumpra, dándolle un punto cada vez que as cumpra e pactando un premio por unha cantidade de puntos.
Para regular a súa conduta: Técnicas de modificación de conduta:
- Definir o problema de forma positiva (o comportamento desexado) establecendo metas razoables e premiando metas intermedias.
- Incrementar as condutas desexables co reforzo positivo:
- Felicitarlle cando teña unha conduta adecuada.
- Ofrecerlle premios ante condutas positivas evitando os castigos continuos.
- Manifestar o noso interese en axudarlle e escoitarlle cando o necesite.
- Manter contacto físico con el sentándose preto, poñéndolle unha man nas costas ou ombreiro, abrazándoo, bicándolle, dándolle o parabén…
- Identificar cales son as recompensas e privilexios adecuados ofrecéndollos no momento e pactando con el en que situacións retiraránselle esas recompensas. Actuar en lugar de ameazar e ser perseverante e constante evitando agasallos físicos de xoguetes.
- Esixirlle que faga algo que non lle gusta como condición indispensable para conseguir algo que lle gusta.
- Diminuír comportamentos inadecuados:
- Non prestar atención aos comportamentos inadecuados esperando que cesen estes para dirixirse a el. Non discutir.
- Usar o “tempo fóra” para deter condutas violentas retirándoo a unha zona ou recuncho visible onde non teña cousas estimulantes e tantos minutos como anos teña. Entender o tempo fóra como un tempo e unha oportunidade para acougarse e poder volver incorporarse á actividade en lugar dun castigo. Usar esta técnica despois dunha soa advertencia e mantendo a calma en todo momento. Cando termine o tempo fóra debe dicirnos porqué foi castigado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario