Para mellorar a súa autoestima:
- Descubrir e mostrarlle as súas habilidades e capacidades confiando e crendo nelas.
- Ofrecerlle responsabilidades acordes ás súas posibilidades.
- Axudarlle a aceptar as súas propias limitacións e ofrecerlle a axuda necesaria para superalas.
- Aceptar e valorar ao noso fillo/a como persoa non só polos seus éxitos e habilidades.
- Substituír nas nosas indicacións o verbo “ser” polo verbo “estar”. Por ex.: “a túa habitación está desordenada” en lugar de “es un desordenado”.
Para motivar a súa aprendizaxe:
- Concentrarse no esforzo realizado felicitándoo en lugar de nas súas cualificacións.
- Crear hábitos de estudo cun lugar e un horario estable, regulando tempos de traballo e descanso e adaptando as esixencias de estudo ou traballo ás súas necesidades en lugar de diminuír estas esixencias.
- Estimular as súas habilidades e capacidades adecuando as actividades extraescolares ás mesmas para potenciar a súa autoestima.
- Manter contacto estreito co profesorado fomentando unha relación positiva.
Para mellorar a súa organización:
- Utilizar listas coas normas, horarios e calendarios en lugares visibles: horario de actividades, tempos de estudo e tarefas e lecer, actividades extraescolares, planificación da fin de semana...
- Crear rutinas diarias cun horario estable para achegar seguridade.
- Usar alarmas e reloxos grandes e sinxelos para marcar tempos.
- Usar axendas que lle permita organizarse.
- Tentar que haxa un sitio fixo e ben sinalizado para cada cousa.
- Actuar como modelo de exemplo.