Uns
dos efectos provocados pola desesescalada da pandemia do COVID-19 son os sentimentos de medo, ansiedade, tristura… que
amosan os/as nenos/as á hora de saír á rúa.
Durante
estas semanas oíron falar repedidamente que non podían saír por mor do
coroavirus e agora hai pequenos/as que amosan reticencias á hora de saír a
pesar das máscaras, as distancias e demais medidas de autoprotección.
O
medo é "unha emoción humana que se activa cando se percibe unha ameaza
para a supervivencia, a integridade física ou o benestar psicolóxico, e os/as
nenos/as non son alleos ao ambiente que os rodea", explica o psicológo
José Luis Gonzalo Marrodán, especialista en psicoloxía infantil e membro da
Sociedade Española de Psiquiatría e Psicoterapia do Neno e do Adolescente
(Sepypna). "É normal que algúns poidan sentir medo".
Os
nenos/as deben de saber por que estaban encerrados, en que consiste a
enfermidade e como se contaxia para entender a “nova normalidade.
Como
actuar cos nenos que teñen medo de saír?
Os/As
nenos/as poden sentir medo, pero "tamén teñen recursos", salienta
Gonzalo Marrodán. Debemos de detectar e potenciar eses recursos "sendo conscientes
do noso propio medo como adultos e xestionalo". Non se trata de non ter
ningún medo, nin de negalo ou minimízalo senón de ser conscientes do propio medo para xestionalo, regulalo e transmitir seguridade aos demais
tanto verbalmente coma coa nosa
xestualidade.
Artigue tamén destaca a importancia de "falar e explicar, adaptando os termos a cada idade". "É un erro considerar que non o van a entender; con palabras, xestos e actitudes, eles captan e senten o perigo ou a confianza, entenden o que se pode e o que non se pode facer. As cousas que xeran medo asustan máis canto máis descoñecidas resultan.
A
tamén psicóloga do Sepypna, Ángeles Albamonte, sinala que "a información é o mellor medio para
diminuír a angustia".
Pais
e nais debemos escoitar e responder todas as preguntas e dúbidas dos nosos/as
fillos/as chegando incluso a expresalos por eles se se trata de nenos/as moi
pequenos/as cando non son capaces de formular os seus medos.
Que é
o que non se debe facer?
Nunca
hai que minimizar ou negar o problema
e moito menos ridiculizar ao neno/a.
Debemos evitar frases como "non pasa nada", "xa se acabou o
perigo" ou "non sexas parvo, todos os teus amigos xa están a
saír".
Albamonte
sinala que " a angustia dos nenos non é ningunha bobada. Eles percibiron
que está a pasar algo moi grave e minimizar os seus medos non lles axuda en
absoluto. Ao contrario, failles sentirse sos e incomprendidos".
Gonzalo
Marrodán recomenda evitar "unha
actitude ansiosa, recriminacións, xestos hostís ou de nerviosismo"
porque "transmitimos unha sensación de perigo inminente que atafega ao
neno, digamos o que digamos coas palabras".
Debemos
buscar un equilibrio entre a
preocupación esaxerada e facer coma se non pasase nada.
É
recomendable dedicar un momento ao día
para falar cos nenos/as de como se sentiron ao saír, facilitar a expresión
dos seus sentimentos e os seus temores para que tanto nós coma eles podamos entender
mellor todo o que experimentan.
Podemos
manter algo do que fixemos e que nos
uniu e compartimos durante o confinamento e que propiciou novas e boas
experiencias: o xogo compartido en familia, a actividade física, os pratos ou
sobremesas cociñados entre todos…
Ángeles
Albamonte destaca que a reticencia dos nenos/as para saír, ás veces, pode non
deberse ao "medo ao que hai fóra", senón ao “desexo de conservar o
que atoparon dentro de casa: compartir moito máis tempo do habitual cos seus
pais ou con algunha outra persoa da familia, máis horas de pantallas, de xogos
online, maior permisividade nos horarios, etc”. Para algúns deles "pode
ser un tempo bastante feliz", apunta a psicóloga.
A
desescalada implica un novo cambio de hábitos e un novo esforzo ao que facer
fronte.
Cando
preocuparse
§
Se o medo adquire
unha certa intensidade e prolóngase no tempo pode ser necesaria a axuda
profesional.
§
Debemos pensar en
pedir axuda se hai "un sufrimento intenso, que non se modifica coa
información que se lles brinda, ou cando aparezan outros síntomas asociados,
como cambios no soño ou no estado de ánimo" (Albamonte).
§
Se aparecen outros síntomas
coma a irritabilidade, problemas de conduta, regresións (volta a estados máis
infantís que xa superaran), somatizacións e a negativa para facer cousas que
ata entón eran normais: xogos, comidas, baños...
No hay comentarios:
Publicar un comentario