A volta á escola pode supor unha situación de estrés para o profesorado, os nenos e nenas e para as familias. A situación na que nos atopamos, a incertidume, o medo a ser contaxiados polo COVID... É de gran axuda poder manexar o estrés e a ansiedade que causan certos cambios.
É por todo iso que imos deixar unhas pautas de Ismael Simón Álvarez, psicólogo xeral sanitario do centro psicopedagóxico Don Sancho de Valladolid e publicadas en Familia y Salud.
Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: dende o 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020
Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:
Comezamos a escola o 10 de setembro pero antes queríamos deixar unhas pautas sobre hábitos para pais e nais de nenos e nenas que inician a escolarización este curso, unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de Educación Infantil que faciliten o inicio da escolaridade e o díptico de benvida da escola ADAPTADO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 que contén as principais normas do centro e o calendario do período de adaptación.
Esta noite celebramos a noite de San Xoan coas tradicionais fogueiras ou cacharelas. Este San Xoán é atípico e temos que seguir sendo responsables. Nas reunións familiares e cos amigos debe acompañarnos a prudencia. Ademais non debemos esquecer as particularidades sensoriais das persoas con TEA para que tamén poidan disfrutar desta noite @AprenemAutisme.
O 17 de marzo comezamos a andadura deste blog porque a pesares da situación de confinamento provocada pola Covid-19 queriamos seguir tendo contacto co noso alumnado e familias durante o tempo que estivesen suspendidas as clases facilitando recursos, elaborando e seleccionando materiais para facer fronte ás adversidades que ían xurdindo, elaborando e seleccionando traballo para o noso alumnado, ofrecendo pautas as familias e ao profesorado... Hoxe decidimos que imos seguir convosco deste xeito ademais de presencialmente coa espezanza de que sigamos sendo unha pequena axuda.
NON MARCHAMOS, CONTINUAMOS!!
Podedes contactar connosco nos seguintes enderezos orientacionleirado@gmail.com, ceip.leirado@edu.xunta.es e no teléfono 886110728.
Ola!!! O profesorado do departamento de orientación e o equipo docente de 4º curso rematamos hoxe estes cadernos de traballo. Estamos moi moi contentos co traballo realizado todo este tempo e queremos desexarvos unhas estupendas e ben merecidas vacacións de verán!!! Esperamos volver traballar xuntos e presencialmente este 10 de setembro!!!
Non queremos marchar eso sí sen deixar as actividades de mañá, VENRES, 19 de xuño. Unhas actividades un pouco diferentes ás de estes días. Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe EL CONSTIPADO DEL SOL, un conto de Esperanza Medina e Isabel Fernández da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha pequeniña explicación de que rematan as clases e comezan as vacacións. Outra pequena actividade interactiva sobre o verán. E para rematar, e como despedida, a canción de "Vacas de verán" de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén aprotección da natureza cantando. Para iso, debemos ler as intruccións onde explicamos que é a última clase do curso e que imos cantar. Deberemos ver dous vídeos onde se presentan dúas cancións moi divertidas que nos ensinan a importancia de cuidar o medio ambiente. Se nos animamos tamén podemos bailar. Prememos primeiro no encerado que temos debaixo para ler as explicacións do profe Rubén.
Por último, deixamos este material de Diana Bericochea Álvarez que ten como obxectivo servir de apoio á comunicación de nenos e nenas con necesidades vinculadas a este aspecto. Cada tarxeta recolle unha necesidade relacionada co verán e está composta pola expresión escrita con letra, pictogramas de ARASAAC e unha fotografía que representa a necesidade.