Non queremos marchar eso sí sen deixar as actividades de mañá, VENRES, 19 de xuño. Unhas actividades un pouco diferentes ás de estes días.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe EL CONSTIPADO DEL SOL, un conto de Esperanza Medina e Isabel Fernández da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha pequeniña explicación de que rematan as clases e comezan as vacacións. Outra pequena actividade interactiva sobre o verán. E para rematar, e como despedida, a canción de "Vacas de verán" de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén a protección da natureza cantando. Para iso, debemos ler as intruccións onde explicamos que é a última clase do curso e que imos cantar. Deberemos ver dous vídeos onde se presentan dúas cancións moi divertidas que nos ensinan a importancia de cuidar o medio ambiente. Se nos animamos tamén podemos bailar. Prememos primeiro no encerado que temos debaixo para ler as explicacións do profe Rubén.
Por último, deixamos este material de Diana Bericochea Álvarez que ten como obxectivo servir de apoio á comunicación de nenos e nenas con necesidades vinculadas a este aspecto. Cada tarxeta recolle unha necesidade relacionada co verán e está composta pola expresión escrita con letra, pictogramas de ARASAAC e unha fotografía que representa a necesidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario