Páginas

lunes, 4 de enero de 2021

AS MENTIRAS NA INFANCIA

 


A mentira é unha conduta que preocupa aos pais. Algúns especialistas marcan a idade dos sete anos como o inicio da etapa das mentiras infantís (mentir de forma consciente e distinguindo o que é certo do que non o é).


Pero, por que menten os/as nenos/as?    

Algunhas das razóns polas que menten os/as cativos/as poden ser:

  • Para chamar a atención: O/A neno/a minte porque sente desatendido e así descobre que lle prestamos atención (inventar unha doenza, falsear sobre un problema...)
  • Por medo ao castigo: O temor o castigo é un dos principais motivos da mentira infantil. Si con anterioridade dixo a verdade e foi castigado pode dicir mentiras para evitar o castigo.
  • Por frustración: A mentira é unha forma de compensar o que lles falta en realidade (o/a neno/a que conta que ten moitos xoguetes cando en realidade ten  poucos...).
  • Por un exceso de esixencia: O/A neno/a minte para non defraudar aos seus pais, amigos...
  • Por imitación se me chaman por teléfono, di que non estou.

miércoles, 30 de diciembre de 2020

APROBACIÓN DA LEI ORGÁNICA 3/2020, do 29 de DECEMBRO

Publicación no BOE de hoxe, 30 de decembro  de 2020, da Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

A LOMLOE entrará en vigor en 20 días tras a súa publicación hoxe no BOE aínda que fixa un calendario de implantación das distintas medidas.





martes, 29 de diciembre de 2020

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS

Publicada o ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Nesta orde recóllense os prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado. 

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de educación non universitaria con necesidades educativas especiais.

Acceso á Sede Electrónica

Anexos

miércoles, 25 de noviembre de 2020

MOCHILAS PARA A IGUALDADE

As mochilas lilas comenzan a súa andaina este 25 de novembro para quedarse conosco. Son mochilas viaxeiras  temáticas sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e a prevención e tratamento da LGBTIfobia entre outras. Esta actividade está recollida no Plan de Igualdade do noso centro.

Grazas equipo de biblio por esta fantástica selección de recursos!!





jueves, 19 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: Día internacional contra a violencia de xénero

Imos compartir a estupenda proposta de contos e cancións realizada polo equipo da biblio do noso cole a prol da igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero.

Grazas equipo de biblio!!


VER NO SITIO: O BO TRATO TAMÉN É SAÚDE

miércoles, 18 de noviembre de 2020

QUE PASA SE TEÑO QUE QUEDAR NA CASA UNS DÍAS?

Se por calquera circunstancia tes que quedar uns días na casa, non debes preocuparte. No cole temos todo preparado para acompañarte durante eses días. Ides seguir as clases dende casa coa axuda de todo o profesorado.

A aprendizaxe na casa é unha tarefa un pouquiño máis complexa que o traballo no cole. Ter rutinas é unha das dificultades que ides atopar e se fai imprescindible o uso de horarios.

É por iso que dende o Departemento de Orientación fixemos esta guía para estudar e aprender dende casa tendo en conta o voso grao de autonomía na realización das tarefas.

 

Esperamos que sexa de axuda para aqueles/as que teñades que estar durante uns días na casa… Eso sí, non vos esquezades de contactar connosco sempre que o necesitedes e seguir as clases tendo en conta as indicacións do voso profesorado!!!

 

 



martes, 17 de noviembre de 2020

SOLUCIONANDO CONFLITOS

Coa finalidade de axudar ao noso alumnado a desenvolver as súas habilidades para resolver conflitos de forma autónoma e e coa menor axuda do adulto, poñemos a súa disposición a seguinte ferramenta para fomentar a reflexión sobre un conflito dado, para comprender o papel das súas emocións e para tomar conciencia das súas condutas.

A través da reflexión, a comunicación e a negociación buscamos alternativas para a resolución pacífica de conflitos.

Con esta actividade pretendemos desenvolver a habilidade de resolver conflitos a través do acercamento e o acordo, pretendemos fomentar a visión do conflito como unha oportunidade de aprender e chegar a un acordo, e pretendemos favorecer a reflexión sobre as nosas emocións, pensamentos e actuacións.

Eliximos un lugar adecuado e comezamos!