A mentira é unha conduta que preocupa aos pais. Algúns
especialistas marcan a idade dos sete anos como o inicio da etapa das mentiras
infantís (mentir de forma consciente e distinguindo o que é certo do que non o
é).
Pero,
por que menten os/as nenos/as?
Algunhas das razóns polas que menten os/as
cativos/as poden ser:
- Para chamar a atención: O/A neno/a minte
porque sente desatendido e así descobre que lle prestamos atención (inventar
unha doenza, falsear sobre un problema...)
- Por medo ao castigo: O temor o castigo é un dos principais motivos da mentira infantil. Si con anterioridade dixo a verdade e foi castigado pode dicir mentiras para evitar o castigo.
- Por frustración: A mentira é unha forma de compensar o que lles falta en realidade (o/a neno/a que conta que ten moitos xoguetes cando en realidade ten poucos...).
- Por un exceso de esixencia: O/A neno/a minte para non defraudar aos seus pais, amigos...
- Por imitación “se me chaman por teléfono, di que non estou”.
Para previr as mentiras na infancia o/a
menor necesita un ambiente tranquilo e relaxado que premie a comunicación:
- O/A neno/a necesita coñecer que mentir é negativo e as consecuencias que a mentira pode provocar.
- Os castigos non deben ser severos, deben ser ben medidos e adecuados a cada falta.
- Reforzar a confianza e autoestima do/a neno/a para evitar que busque a aprobación dos demais.
- Non mentir diante do/a neno/a nin facer promesas que non podemos cumprir. Ante preguntas difíciles podemos responder mellor con “non o sei” ou “déixame que o pense”
- Darlle a oportunidade de ser sincero/a (aínda que isto implique un castigo) reforzando a importancia de dicir a verdade.
Que facer ante as mentiras?
- Crear un clima de confianza para que poida contar todo con tranquilidade e sen medo.
- Felicitarlle e prestarlle atención cando nos diga a verdade e cando estea mentido facerlle saber que minte e alonxarse sen molestarse. Non ignorar a mentira.
- Buscar un ratiño todos os días para falar co/coa neno/a e adicar o mesmo tempo a cada un dos fillos sen marcar diferenzas no afecto que se lles da.
- Explicar claramente o que esperamos en canto ao cumprimento das normas e os beneficios que conleva.
- Gardar proporcionalidade entre a conduta e as súas consecuencias. Non castigar excesivamente unha conduta errónea nin premiar sobremanera unha positiva.
- Debemos explicarlle os beneficios da verdade, honradez e confianza. Todos nos equivocamos e os erros poden repararse se os afrontamos. É máis valioso dicir a verdade que evitar o castigo.
- Cando o/a neno/a fai algo inadecuado explicarlle que se non di a verdade ademais de reparar o dano terá un castigo adicional. Evitemos sermonear, só debemos explicarlle que entendemos as súas razóns para evitar ser castigado, pero é imprescindible a honestidade.
- Non reaccionar de forma desproporcionada ante a mentira (explosións esaxeradas, castigos, ameazas, humillacións...). Isto non evita que o/a neno/a minta; ao contrario, levarano a tentar mentir mellor.
- Non castigar sempre a mentira. Coñecer as súas razóns para mentir para poder actuar. Atendamos o que quere dicir coas súas mentiras e comprender por que o fai.
- Dar exemplo e evitar frases tan comúns como “se me chaman por teléfono, di que non estou”. Ser honestos e non involucrar aos nenos nas nosas mentiras.
Se pese a estas pautas as
mentiras persisten, consultar ao pediatra.
mentiras_ninos_web httpceipmontegandara.centros.educa.jcyl.essitiouploadmentiras_ninos_web.pdf
https://psicovalencia.wordpress.com/2014/06/30/las-mentiras-en-la-infancia/
No hay comentarios:
Publicar un comentario