Páginas

miércoles, 1 de junio de 2022

INICIO DA ESCOLARIDADE: INICIAMOS UNHA NOVA ETAPA NA ESCOLA

Deixamos a continuación unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de educación infantil para as familias do alumnado que inicia a escolaridade o vindeiro curso escolar e facilitar así o comezo desta nova etapa. Deixamos tamén unha breve explicación da etapa de educación infantil.

BENVIDOS e BENVIDAS Á ESCOLA!!!




domingo, 29 de mayo de 2022

TRANSICIÓN AO IES: PAUTAS PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS

Deixamos ao alumnado e ás familias de 6º curso de educación primaria unha guía para facilitar o acceso ao IES. Cambiamos de etapa e de centro e queremos acompañar unha vez máis aos nosos pequenos e pequenas neste momento de cambios, de asunción de novas responsabilidades, de moitos nervios...

Aínda que este curso a visita ao noso IES foi posible, dende o centro queremos seguir axudando  na transición a esta nova etapa.

Moita sorte para os nosos cativos e cativas nesta nova etapa!!!


sábado, 21 de mayo de 2022

ANTEPROXECTOS DOS DECRETOS POLOS QUE SE ESTABLECEN A ORDENACIÓN E O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Deixamos a continuación os anteproxectos dos Decretos polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación infantil  e da educación pirmaria na Comunidade Autónoma de Galicia.



jueves, 19 de mayo de 2022

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO


Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional dende hoxe, xoves 19 de maio , ata o 30 de setembro de 2022.

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:

miércoles, 18 de mayo de 2022

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA: O VERÁN QUE QUERES CONTAR

 


Baixo o lema O verán que queres contar, a Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia (9 anos en adiante)
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro (a partires dos 18 anos).
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

O prazo de presentación solicitudes abrirase, para unha parte dos programas, hoxe, mércores 18 de maio.

En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

Máis información


martes, 29 de marzo de 2022

ATENCIÓN EDUCATIVA O ALUMNADO UCRAÍNO

Co obxectivo de asegurar a máxima atención educativa o alumnado ucraíno desprazado a Galicia por mor da guerra, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de poñer á disposición dos centros educativos un espazo web específico sobre Ucraína con recursos e materiais didácticos encamiñados a favorecer este proceso de adaptación e integración nas aulas.

Deixamos enlace a este sitio web:




martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MULLERES POLO MUNDO

Con motivo da conmemoración do día internacional da muller e aproveitando o proxecto documental anual integrado de centro "A volta ao mundo en 160 días", decidimos entrevistar a oito mulleres que por distintas causas tiveron que migrar: mulleres que chegaron doutras comunidades, mulleres emigrantes, mulleres inmigrantes e mulleres que retornaron...

Entre as entrevistas está tamén testemuña do pai dun alumno que substituíu a avoa que non puido asistir á entrevista.

Imos coñecelas!

Escoita as entrevistas