Páginas

lunes, 18 de enero de 2021

A LECTOESCRITURA COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE NOS NENOS CON TEA

Hoxe déixovos este artigo da fundación ConecTEA onde se nos ofrecen unha serie de pautas para abordar o ensino da lectura no alumnado con TEA.

Espero que sexan de axuda!!




jueves, 7 de enero de 2021

LINGUAXE E COMUNICACIÓN NO ALUMNADO CON TEA. TRABALLANDO A LINGUAXE

O alumnado con TEA soe ter unha especial dificultade para empezar a falar Unha das dificultades do alumnado con TEA é a adquisición e o desenvolvemento da linguaxe verbal e a comunicación. Este déficit é un dos factores relacionados cos problemas de conduta e as dificultades na interacción social e é un dos motivos de frustración familiar e do propio alumno.

O procesamento distinto da información xera un modelo distinto de comunicación (gramática, semántica e pragmática da linguaxe).

 Pero, como fomentar a comunicación no alumnado con autismo?

 Xeralmente, o desenvolvemento da comunicación e da linguaxe basease no uso de apoios visuais, modelos de imitación, adquisición de requisitos e habilidades comunicativas básicas.

O apoio visual facilita que o alumno integre a información e a asocie aos aspectos sonoros da palabra: presentación de imaxe e  reforzo verbal (asociación imaxe-palabra para proceder á retirada progresiva das imaxes). Pouco a pouco o alumno vai adquirindo máis vocabulario e creando frases e expresións máis complexas.

lunes, 4 de enero de 2021

AS MENTIRAS NA INFANCIA

 


A mentira é unha conduta que preocupa aos pais. Algúns especialistas marcan a idade dos sete anos como o inicio da etapa das mentiras infantís (mentir de forma consciente e distinguindo o que é certo do que non o é).


Pero, por que menten os/as nenos/as?    

Algunhas das razóns polas que menten os/as cativos/as poden ser:

  • Para chamar a atención: O/A neno/a minte porque sente desatendido e así descobre que lle prestamos atención (inventar unha doenza, falsear sobre un problema...)
  • Por medo ao castigo: O temor o castigo é un dos principais motivos da mentira infantil. Si con anterioridade dixo a verdade e foi castigado pode dicir mentiras para evitar o castigo.
  • Por frustración: A mentira é unha forma de compensar o que lles falta en realidade (o/a neno/a que conta que ten moitos xoguetes cando en realidade ten  poucos...).
  • Por un exceso de esixencia: O/A neno/a minte para non defraudar aos seus pais, amigos...
  • Por imitación se me chaman por teléfono, di que non estou.