O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, data decretada polas Nacións Unidas coa finalidade de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sofren este trastorno e brindarlles unha mellor calidade de vida.
O autismo é un trastorno neurobiolóxico do desenvolvemento, que se manifesta durante os primeiros anos de vida e que se caracteriza por ser unha condición que afecta a interacción co mundo exterior, ao contacto coas persoas da contorna e problemas de comunicación verbal..
Curtametraxe de animación producida pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo, para facilitar o coñecemento desta síndrome pola sociedade.
Vídeo sobre Benjamin Rosloff, novo cineasta, que visitou a Sede das Nacións Unidas en Nova York e realizou unha entrevista ao entón Secretario Xeral, Ban Ki- moon en 2016, O autismo non lle impide a Benjamin perseguir o seu soño de facer películas nin de participar de forma plena e efectiva na sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario