A timidez é un trazo característico da personalidade ou de certas etapas da
vida caracterizada polo falta de aprehensión, confort ou incomodidade ante
determinadas situacións sociais e débese a un conxunto de factores hereditarios
ou da contorna.
As persoas tímidas prefiren estar soas ou relacionarse con poucos antes que
facelo en gran grupo, cústalles tomar a iniciativa nas relacións sociais,
cústalles expresar a súa opinión ou preferencias en presencia doutras persoas e
precisan ambientes seguros para relacionarse. Esta timidez pode ir acompañada
dunha baixa autoestima.
Certo grao de timidez pode ser beneficioso porque nos fai máis prudentes,
cautos e reflexivos, pero cando a timidez é un problema?
A timidez é un problema cando nos impide funcionar con normalidade na nosa
vida cotiá:
- A timidez impide establecer vínculos con persoas diferentes á nosa familia.
- A timidez produce temor, medo ou ansiedade provocandomalestar ou sufrimento importante.
- A timidez provoca falta de condutas interactivas impedindo realizar actividades habituais como participar na clase, iniciar conversas, xogar cos outros, comprar, pedir axuda, acudir ou celebrar eventos (aniversarios, festas...).
- Baixa autoestima impedindo defender os nosos dereitos e/ou presenza de síntomas psicosomáticos (dor de barriga, dor de cabeza...).
Cando a timidez non é un problema?
- Cando non nos impide funcionar con normalidade e participar en actividades grupais.
- Cando non nos produce malestar nin sufrimento.
- Cando a timidez aparece ante persoas que non coñecemos ou en situacións novas.
- Cando temos amigos aínda que sexan poucos e preferimos as relacións en pequenos grupos.
Como podemos axudar a un neno ou nena tímido ou tímida?
- Non etiquetar: evitar as etiquetas porque aumentamos a probabilidade de que responda as nosas expectativas. Deixamos que o neno ou nena se tranquilice, se tome o seu tempo e acepte novas situacións.
- Evitar as comparacións e aceptar a súa personalidade desenvolvendo a súa autoestima.
- Non insistir, non forzar, non obrigar: evitar presionalo/a para que se relacione cos demais porque produce sentimento de frustración e non lle axudará a mellorar se non está preparado/a para iso.
- Facerlle ver as consecuencias que os seus comportamentos relacionados coa timidez poden ter (sentimentos que provocan nos demais).
- Ensinar formas concretas de actuar preferiblemente en situacións habituais (como saudar, como pedir participar nun xogo, como dicir non...).
- Actuar cun comportamento e actitude sociable ante situacións novas para que aprendan de nós esta forma de actuar.
- Evitar condutas sobreprotectoras falando no seu nome, consolándoo cando se amosa retraído ou evitando situacións incómodas para o neno ou nena.
- Ofrecerlle oportunidades para relacionarse pero proporcionándolle inicialmente a seguridade que precisa (en pequenos grupo, con nenos e nenas que sexan tranquilos e que acepten a súa forma de ser): invitar a amigos/as a casa, saír con familias con nenos e nenas da súa idade, levalo/a ao parque, apuntalo/a en deportes de equipo.
- Reforzar positivamente os intentos facendo que confíen nas súas capacidades e aportando seguridade en futuras ocasións.
- Utilizar contos para que observen distintas condutas e formas de ser e lle axuden a entender a timidez:
No hay comentarios:
Publicar un comentario