Páginas

viernes, 7 de enero de 2022

ATENCIÓN, IMPULSIVIDADE e DISRUPTIVIDADE. PAUTAS PARA AS FAMILIAS


COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSO FILLOS E FILLAS NA CASA? PAUTAS PARA AS FAMILIAS
  • Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia, utilizando o mesmo criterio á hora de educar, sendo modelo de conduta reflexiva e actuando sempre do mesmo xeito para non confundilo. Manter  a mesma liña de actuación.
  • Normas e límites de convivencia familiar para a totalidade da familia: poucas, claras e ben definidas. Ademais de explicalas podemos escribilas e poñelas nun sitio visible (coa axuda de debuxos e cores para os máis pequenos). Así mesmo, deben expresarse como afirmación evitando os reproches e as discusións permanentes. Podemos recordarllas ou avisar con antelación.
  • Establecer consecuencias positivas e/ou negativas das condutas e ser coherente na súa aplicación. Tanto as consecuencias que se derivan dunha conduta positiva coma dunha negativa deben ser proporcionadas e inmediatas á conduta, para que sexan efectivas. Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (sorrisos, loanzas) e modificarase, o antes posible, calquera conduta negativa explicándolle, con claridade, o que fixo mal.
  • Establecer rutinas estables e predicibles para estruturar o tempo empregando horarios situados en sitios visibles para as actividades, tempos de estudio, tarefas, actividades extraescolares, ocio, horarios de rutinas (almorzo, cea...)...
  • Dividir as tarefas e os encargos en pasos que podemos escribir para asegurar a súa comprensión. Podemos marcar tempos usando reloxos ou cronómetros e tamén verbalizar a orde. Podemos axudalo/a pero non facer as cousas por el/ela.
  • Aumentar a estrutura e orde da casa buscando un sitio, un lugar definido  para cada cousa (caixa para os xoguetes, roupa, zapatos...).
  • Desenvolvemento emocional. Autoestima. Axudarlle para entender as súas emocións e controlalas. Darlle mensaxes positivas e dicirlle o que se espera del, valorar o seu esforzo e non só o resultado, establecer normas e límites, darlle responsabilidades, utilizar máis os premios que os castigos…
  • Estratexias de modificación de conduta. Ser modelo de conduta reflexiva. As rapazas e os rapaces aprenden por observación. Estratexias:
    • Definir os comportamentos desexados establecendo metas razoables. Reforzamos metas intermedias.
    • Retirar a atención e ignorar as condutas inadecuadas favorecerá a súa desaparición.
    • Pódese optar por saír da situación dicíndolle que “cando estea tranquila ou tranquilo pode buscarnos para falar”.
    • Tempo fóra. Ante condutas moi disruptivas, retiralo da situación onde está, mandalo para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar.
    • Reforzar as condutas alternativas ou positivas para consolidar a mellora do comportamento.
  • Adquirir estratexias de comunicación e diálogo.
  • A participación en actividades de equipo ou colectivas, permítelle aprender as normas, controlar a impulsividade e mellorar a socialización.
  • Favorecer a súa relación con amigas e amigos e con compañeiras e compañeiros.
  • Ocio compartido: pasar tempo cos nosos fillos e fillas compartindo con el/ela actividades culturais, educativas, lúdicas, na natureza, na coniña, lendo, escoitando música ou simplemente charlando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario