O día 24 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Educación. Dentro do proxecto documental integrado de centro A volta ao mundo en 160 días, o alumnado realizou un traballo de investigación sobre a situación da educación nos diferentes continentes e países que estamos a percorrer.
O alumnado recolleu a información en táboas, documentos e gráficas que o alumnado de 6º de educación primaria recompilou nunha presentación interactiva. Deixamos o traballo realizado polo noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario