Co motivo da conmemoración do día Internacional das persoas con discapacidade, dentro do Proxecto Documental Integrado anual do centro "Mergúllate con nós: descubre e aprende" todo o alumnado do centro construíu un barco no que se destacaba os beneficios do mar para todas aquelas persoas con capacidades diferentes e coñecíamos a persoas con discapacidade que conseguiron grandes logros grazas a este medio.
Así o noso alumnado traballou os beneficios da natación para os nenos e nenas con discapacidade, a cadeira anfibia, a prevención de riscos no mar e coñecimos a Beethoven, Bethany Hamilton, Susana Rodríguez...
O equipo de biblioteca, pola súa parte, ofreceu diferentes recursos para traballar na aula: unha sala de cine e lectura moi especial. Preparade as palomitas que comezamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario