COMO SE SENTEN OS IRMÁNS E IRMÁS NEUROTÍPICOS DE NENOS E NENAS CON TEA?
Os irmáns e irmás de
persoas con diversidade funcional van crecendo á beira dos mesmos e o modo de
afrontar esta situación vai ser diferente e dependendo de diversos factores
como a idade, o número de irmáns e persoas conviventes, a orde de nacemento, o tipo
de diversidade, a actitude familiar, as súas habilidades madurativas e
emocionais…
Así, os irmáns e
irmás dunha persoa con diversidade funcional experimentan sentimentos ás veces
difíciles de comprender. Estes poden ser sentimentos de amor e alegría, celos,
culpa, vergoña, preocupación, sobre esixencia, anoxo, soidade, medo, ira,
resentimento, confusión, presión, culpabilidade, frustración... Toda esta
explosión de sentimentos é normal e na maioría dos casos, son pasaxeiros.
Que podemos facer? HABILITAR OS SEUS SENTIMENTOS
- dando lugar, espazo e tempo á expresión
dos sentimentos dos irmáns e irmás, poñendo palabras a aqueles sentimentos e
emocións que aparecen.
- escoitando e aceptando eses sentimentos
que quizais non se comparten.
Para facilitar a convivencia haberá que ter en conta os
seguintes aspectos:
- Aceptación: comprender que a persoa con diversidade funcional é diferente
pero iso non é malo nin os define.
- Estar preparados/as para situacións incómodas dotándolles de estratexias
para que as afronten o mellor posible.
- Facerlles partícipes explicándolles en que consiste a diversidade funcional
e involucrándoos/as no seu coidado.
- Fomentar actividades compartidas que involucren a toda a familia que
favorezan a amizade entre irmáns e potencien as súas relacións.
- Cariño: reforzando e recompensando a todos por igual, facéndolles saber que se lles quere por igual, dedicando tempo para estar con cada un dos fillos/a.
- Considerar a posibilidade de consultar ou buscar axuda con algún profesional experto no tema e organizacións que ofrecen recursos para xestionar estas situacións familiares. É moi beneficioso coñecer outras familias coa mesma situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario