Páginas

jueves, 24 de octubre de 2024

PAUTAS PARA AS FAMILIAS PARA TRABALLAR A FRUSTRACIÓN

 

Que é a frustración?

A frustración é unha situación na que unha expectativa, un desexo, unha necesidade ou unha ilusión non se cumpre e a vivencia emocional que xera.

Que é a tolerancia á frustración?

A tolerancia á frustración é unha destreza emocional necesaria que podemos adestrar e aprender. 

Ante a frustración, algúns nenos e nenas amosan comportamentos desadaptativos. Non obstante, podemos ensinar ao neno ou nena a controlar determinadas situacións e ter unha resposta máis axeitada ante esas situacións que lle producen frustración.  

Satisfacer todas as necesidades dos nenos e nenas de forma inmediata xera inseguridade emocional e non favorece o seu desenvolvemento emocional. Debemos dar aos nosos fillos e fillas oportunidades de desenvolver a tolerancia á frustración impulsándoos a manexar situacións cando atopan obstáculos para desenvolver a tolerancia e postergando a gratificación inmediata para obter unha meta a longo prazo.

Recomendacións para as familias

  1. Educar dende o exemplo normalizando a frustración ante as adversidades. Os nenos e nenas aprenden e imitan o que ven na casa.
  2. Empezar con pequenos pasos e metas pequenas: aprender a respectar quendas na conversa, esperar nos momentos de frustración...
  3. Adaptar as tarefas, marcar obxectivos e buscar xuntos formas alternativas de alcanzar o obxectivo cando non son quen.
  4. Ensinar e aprender a pedir axuda.
  5. Axudar aos nenos e nenas a aceptar o que non se pode cambiar.
  6. Explicar o por que dun non.
  7. Ensinar a valorar o erro como parte da aprendizaxe e o esforzo como forma de alcanzar o que se persegue.
  8. Reforzar aos nenos e nenas cando se achegan a tolerar a frustración e ignorar cando aparezan comportamento de baixa tolerancia á frustración evitando a permisividade e sendo firme e comprensivo á vez.
  9. Identificar o sentimento de frustración cando apareza e ensinar outras respostas emocionais máis positivas e adaptativas.
  10. Desenvolver a capacidade de perseveranza deixando que os nenos e nenas fagan o esforzo e loiten por si mesmos.
  11. Traballar técnicas de relaxación cos nenos e nenas na casa son útiles para diminuír as situacións de frustración.
  12. Empregar o roll playing coma forma de aprender destrezas e de ensinalas.
  13. Fomentar a autonomía na resolución dos problemas.
  14. Ensinar a aceptar as críticas dos demais.
  15. Reforzar a súa identidade.
  16. Reforzar nas actividades que se lle dan ben.
  17. Por regras con límites claros, firmes e coherentes. Os nenos e nenas precisan saber que se espera deles en cada momento"..




No hay comentarios:

Publicar un comentario