A pscóloga infantil Carmen Esteban preparou un conto para explicar aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa.
O oso goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e está disposto a axudar aos nenos e nenas. Preparados...!
llll
A psicóloga e orientadora escolar, María Guzmán Berlinches ofrece unhas orienacións para familias con nenos e nenas durante a pandemia de COVID-19. É unha adaptación das recomendacións do Colexio oficial de Psicoloxía de Madrid. Fala entre outras cousas de como falar cos nenos e nenas sobre a situación de epidemia e de confinamento en domicilio evitando así situacións de estress: como protexerse (hixiene, lavado de mans...), que facer en casa durante este tempo para non aburrirse, como relaxarse en momentos de tensión...
Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos MAMÁ CABRA, 15 PRIMAVERAS.
Este espectáculo foi creado por Mamá Cabra no seu 15º aniversario para facer chegar aos máis pequenos as súas mellores cancións. Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!
A perda do contexto social, o estado de ansiedade e a exposición á luz que estamos a vivir estes días están a favorecer as alteracións no sono: dificultade para iniciar o sono, despertar con frecuencia, despertar moi cedo...
TEA Galicia proporciónanos unha serie de estratexias para facilitar o sono:
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 24 de abril.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
Coa finalidade de anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa a partires do domingo 26 (tras o confinamento) e cumprir coas normas establecidas, imos propoñer para hoxe a lectura dun conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAACque explica o que debemos facer cando saímos á rúa e a lectura dunha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac.
Seguimos coa clase da profe Paula construíndo frases a partires de imaxes, que despois leeremos e cantando a canción do "Tío Nicanor". Lemos primeiro as explicacións da profe e despóis prememos no encerado que temos debaixo. Non vos esquezades de descargar a presentación!
A continuación traballamos numeración coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar os animais vertebrados e invertebrados co profe Rubén premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde?Propoñemos realizar serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa dentro do programa da Consellería de Educación MÓVETE CONNOSCO NA CASA.
Deixamos unha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac a modo
de anticipación para preparar a saía dos menores de 14 anos á rúa cumprindo á condicións establecidas.
Hoxe deixamos un conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAAC que explica o que debemos facer cando saímos á rúa coa finalidade de anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa tras o confinamento e cumprir coas normas establecidas.