Páginas

jueves, 23 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 24 DE ABRIL

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 24 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
Coa finalidade de  anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa a partires do domingo 26 (tras o confinamento) e cumprir coas normas establecidas,  imos propoñer para hoxe a lectura dun conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAAC que explica o que debemos facer cando saímos á rúa e a lectura dunha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac.




Seguimos coa clase da profe Paula construíndo frases a partires de imaxes, que despois leeremos e cantando a canción do "Tío Nicanor". Lemos primeiro as explicacións da profe e despóis prememos no encerado que temos debaixo. Non vos esquezades de descargar a presentación!
A continuación traballamos numeración  coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar os animais vertebrados e invertebrados co profe Rubén premendo no encerado que temos debaixo:

E pola tarde? Propoñemos realizar serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa dentro do programa da Consellería de Educación MÓVETE CONNOSCO NA CASA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario