Páginas

martes, 5 de mayo de 2020

COMO MANTER RUTINAS ESCOLARES NA CASA

Estes días que temos que pasar moitas horas cos nenos e nenas na casa, podemos estructurar os días de traballo e rutina escolar de luns a venres. 
Neste documento o Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid ofrece unha Guía de Orientacións Psicoeducativas para familias de como manter rutinas escolares en casa.



lunes, 4 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MARTES 5

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 5 de maio. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  HOLA! soy un VIRUS, primo de la gripe y el resfriado da  psicológoga Manuela Molina Cruz. Todo vai saír ben!!

Comeza a clase da profe Paula coa que ordenaremos letras para formar palabras, traballaremos a atención e cantaremos a canción de "A fábrica de Carmela". Empezamos coma sempre lendo as explicacións da profe para premer a continuación no encerado.

Seguimos coa profe Glenda traballando problemas matemáticos coa calculadora e facendo un labirinto. Prememos na seguinte pizarra:

E para rematar, traballamos co profe Rubén as capas da terra. Vemos primeiro o vídeo que temos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo para facer as actividades.



E pola tarde? Propoñemos realizar unha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa dentro do programa da Consellería de Educación MÓVETE CONNOSCO NA CASA.


O CORONAVIRUS PRESÉNTASE AOS NENOS E NENAS

O coronavirus preséntase aos nenos e nenas da man da psicológoga Manuela Molina Cruz.
Todo vai saír ben!!


PAUTAS PARA FAMILIAS PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

Deixamos unhas pautas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid cunha serie de pautas para familias con nenos e nenas e adolescentes coa finalidade de facilitar as relacións familiares estes días de confinamento.


domingo, 3 de mayo de 2020

CONSELLOS PARA FACER A ACTIVIDADE E EXERCICIO FÍSICO DE XEITO SEGURO

A Xunta de Galicia proporciona unha serie de consellos para facer a actividade e exercicio físico individual de xeito seguro.

AGRESIÓN OFF


AGRESIÓN OFF é unha app lanzada pola Xunta de Galicia para evitar e previr as agresións sexuais co obxectivo de loitar contra a lacra da violencia machista. Podémola descargar en Google Play ou na App Store ow.ly/oPAO30mteSo


CADERNO DE TRABALLO, LUNS 4

Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 4 de maio. Hoxe está connosco tamén o teacher Rafa.



Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.



Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos. 

A nosa proposta é ler un conto con rutinas para nenos e nenas co obxectivo de dar equilibrio e estrutura a cada día que non poden saír de casa polo confinamento. A editorial El Hilo Ediciones e as súas autoras autorizaron a súa publicación e adaptación con pictos de ARASAAC a Neus Romero Llácer, Neus Llâcer i Roig e a Nuria Díaz Guillot.  Preparados...!


Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos as emocións básicas e cantaremos a canción de Plátanos. Para iso prememos no encerado que temos debaixo.
Seguimos coa profe Glenda traballando operacións con calculadora, gráficos e coa aplicación SmarticK premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
E pola tarde?  Podemos xogar a rescatar obxectos coa profe Glenda.





Ou ben podemos escoitar o conto A VACA QUE PUXO UN OVO, contado pola profe Noa.