Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: HOLA! soy un VIRUS, primo de la gripe y el resfriado da psicológoga Manuela Molina Cruz. Todo vai saír ben!!
Comeza a clase da profe Paula coa que ordenaremos letras para formar palabras, traballaremos a atención e cantaremos a canción de "A fábrica de Carmela". Empezamos coma sempre lendo as explicacións da profe para premer a continuación no encerado.
Seguimos coa profe Glenda traballando problemas matemáticos coa calculadora e facendo un labirinto. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén as capas da terra. Vemos primeiro o vídeo que temos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo para facer as actividades.
E pola tarde? Propoñemos realizar unha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa dentro do programa da Consellería de Educación MÓVETE CONNOSCO NA CASA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario