Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler un conto con rutinas para nenos e nenas co obxectivo de dar equilibrio e estrutura a cada día que non poden saír de casa polo confinamento. A editorial El Hilo Ediciones e as súas autoras autorizaron a súa publicación e adaptación con pictos de ARASAAC a Neus Romero Llácer, Neus Llâcer i Roig e a Nuria Díaz Guillot. Preparados...!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos as emocións básicas e cantaremos a canción de Plátanos. Para iso prememos no encerado que temos debaixo.
Seguimos coa profe Glenda traballando operacións con calculadora, gráficos e coa aplicación SmarticK premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
E pola tarde? Podemos xogar a rescatar obxectos coa profe Glenda.
Ou ben podemos escoitar o conto A VACA QUE PUXO UN OVO, contado pola profe Noa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario