Páginas

miércoles, 17 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, XOVES 18

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 18 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: PÍO PÍO QUE YO NO HE SIDO, un conto  de María del Mar López Delgado y Francesca Assirelli da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo. Esperamos que vos guste!



Seguimos coa clase da profe Paula coa que  veremos unha  presentación interactiva sobre a temática do verán para traballar diferentes aspectos da linguaxe. Tamén unha actividade para recortar e pegar sobre cousas que podemos facer nas vacacións de verán. Por último, hoxe toca a canción preferida da profe Paula, "Ven comigo", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.

A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar co profe Rubén as paisaxes de costa. Para iso accederemos ás instruccións onde se explica que debemos ver un vídeo prestando moita atención para, a continuación, facer unha actividade interactiva moi sinxela que consiste en colocar os principais elementos da paisaxe de costa. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.

 


E pola tarde? Fixemos unha rá e un peixe con Jorge Pardo. Imos seguir traballando a nosa motricidade facendo este raposo (papiroflexia con Jorge Pardo).



martes, 16 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 17

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 17 de XUÑO. 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.



Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  EL SOMBRERO QUE VOLÓ, un conto  de José Carlos Román e Mónica Carretero da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar cunha presentación sobre o verán para ler e facer alguhas actividades relacionadas. Tamén unha actividade de clasificar roupa de verán e roupa de inverno, onde teremos que recortar e pegar. Por último, a canción de "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona.  Para facer todo iso debedes ler as explicacións da profe e premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar matemáticas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra: 
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén a alimentación saudable. Para iso accederemos primeiro ás instruccións onde se lle indica que debemos ver un vídeo dúas veces, prestando moita atención. A continuación, accederemos a unha ficha interactiva que ten varias actividades para facer co ordenador. A ficha é autocorrixible.



E pola tarde?  Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda. A nosa proposta: DOCES ÁRABES. 



Despois podemos ver e escoitar o conto con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El edificio que había que romper", adaptación de Garbiñe Candina dun Conto por Teléfono de Gianni Rodari.


O VERÁN QUE NECESITAS: CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA

Baixo o lema O VERÁN QUE NECESITAS, a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia.
  • "Minicampamentos" de 5 días en instalacións turísticas en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.  
Esta edición, como consecuencia da situación de crise sanitaria provocada pola covid-19, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias: redución de aforo, reforzo do persoal monitor e incremento das medidas hixiénico sanitarias.

Así mesmo e, co obxectivo de favorecer a inclusión social, a mocidade con discapacidade, en función das limitacións que presente, poderá decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2020)

Quen pode solicitar praza?
As persoas mozas residentes en Galicia que non padezan enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible ca covid-19. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:

  • As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.

Podedes atopar máis información na páxina web: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran







CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020:



lunes, 15 de junio de 2020

FICHAS PARA TRABALLAR O AUTOCONTROL NAS PERSOAS CON TEA

Deixamos este material creado e publicado por Amaya Ariz, presidenta da Asociación Navarra de Autismo-ANA, con pictogramas de ARASAC e Picto Selector, para traballar o autocontrol, os enfados, as rabechas, as crises e a flexibilidade nas persoas que presentan Trastornos do Espectro do  Autismo.
Esperamos que sexan de utilidade!!




CADERNO DE TRABALLO, MARTES 16

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 16 de xuño. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  Y DE REPENTE SE FUE LA LUZ... DE LA LUNA, un conto  de Xabier Frías Conde e Laufer da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!



Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para descifrar a mensaxe oculta, onde se deberá cambiar os debuxos polas letras que correspondan. Tamén unha actividade online de seguimento de instrucións e, por último,  vemos o conto e escoitamos a canción de "A princesa do Caurel".  
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén  aspectos clave da educación vial. Debemos ler as instruccións onde se  indica que accederemos a unha ficha interactiva con tres vídeos moi sinxelos e con información que servirá para realizar as actividades interactivas que a ficha inclúe a continuación.

E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la estrella de FESPAU (Federación Española de Autismo). 



sábado, 13 de junio de 2020

E AGORA QUE? COMO MANEXAR AS TÚAS EMOCIÓNS NA DESESCALADA

Deixamos este completa guía do Colexio da Psicoloxía de Madrid para facer fronte ás emocións producidas pola desescalada: incertidume, indefensión, medo, enfado....




jueves, 11 de junio de 2020

ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Autismo Galicia deixanos esta guía sobre accesibilidade cognitiva para facilitar a orientación na contorna, entender a información que nos rodea, comunicarse e relacionarse con outras persoas. A accesibilidade cognitiva axuda a todas as persoas pero especialmente ás persoas con dificultade para a comprensión do entorno.
Esperamos que sexa de axuda!!!