Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: PÍO PÍO QUE YO NO HE SIDO, un conto de María del Mar López Delgado y Francesca Assirelli da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que veremos unha presentación interactiva sobre a temática do verán para traballar diferentes aspectos da linguaxe. Tamén unha actividade para recortar e pegar sobre cousas que podemos facer nas vacacións de verán. Por último, hoxe toca a canción preferida da profe Paula, "Ven comigo", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar co profe Rubén as paisaxes de costa. Para iso accederemos ás instruccións onde se explica que debemos ver un vídeo prestando moita atención para, a continuación, facer unha actividade interactiva moi sinxela que consiste en colocar os principais elementos da paisaxe de costa. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.
E pola tarde? Fixemos unha rá e un peixe con Jorge Pardo. Imos seguir traballando a nosa motricidade facendo este raposo (papiroflexia con Jorge Pardo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario