Baixo o lema O VERÁN QUE NECESITAS, a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Campos de voluntariado en Galicia.
- "Minicampamentos" de 5 días en instalacións turísticas en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.
Esta edición, como consecuencia da situación de crise sanitaria provocada pola covid-19, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias: redución de aforo, reforzo do persoal monitor e incremento das medidas hixiénico sanitarias.
Quen pode solicitar praza?
As persoas mozas residentes en Galicia que non padezan enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible ca covid-19. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.
Podedes atopar máis información na páxina web: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

- As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
- As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.
Podedes atopar máis información na páxina web: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020:
- Prazo de presentación dende o 16 ata o 30 de xuño.
- Convocatoria Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade (lectura fácil).
- Informe médico.
- Solicitude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario