Un dos momentos máis
difíciles do día é a hora de deitar aos nosos fillos e fillas. É normal que se
resistan a durmir por múltiples razóns, xa que desexan estar máis tempo cos
seus pais, cos seus irmáns, vendo a tele, ou charlando e contando historias.
Pero, como os podemos axudar para durmir ben e na súa cama?
Imos facelos e facelas
partícipes da súa propia rutina do soño para durmir ben, sós e á mesma hora.
- Establecer unha rutina diaria de soño que inclúa un
período de tranquilidade antes da hora de durmir: luz suave, música relaxada,
ler un conto, falar en voz baixa...
- Evitar ou reducir ao mínimo o acceso á televisión ou aos
videoxogos antes de durmir. A sobreexcitación luminosa ao longo do día, o exceso de horas
expostos á luz azul en horas próximas ao soño, e a proximidade á que temos os
principais dispositivos de altas emisións, provocan que se inhiba parcialmente
a produción de melatonina. A luz azul activa no noso cerebro o sinal de que
estamos no medio do día, polo que aparece o insomnio, tardamos en coller o
soño, desvelámonos e este pasa a ser de peor calidade.