Publicación no BOE de hoxe, 30 de decembro de 2020, da Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
A LOMLOE entrará en vigor en 20 días tras a súa publicación hoxe no BOE aínda que fixa un calendario de implantación das distintas medidas.
Publicada o ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Nesta orde recóllense os prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado.
Normativa de aplicación
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
As mochilas lilas comenzan a súa andaina este 25 de novembro para quedarse conosco. Son mochilas viaxeiras temáticas sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e a prevención e tratamento da LGBTIfobia entre outras. Esta actividade está recollida no Plan de Igualdade do noso centro.
Grazas equipo de biblio por esta fantástica selección de recursos!!
Imos compartir a estupenda proposta de contos e cancións realizada polo equipo da biblio do noso cole a prol da igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero.
Se por calquera circunstancia tes que quedar uns días na casa, non debes preocuparte. No cole temos todo preparado para acompañarte durante eses días. Ides seguir as clases dende casa coa axuda de todo o profesorado.
A aprendizaxe na casa é unha
tarefa un pouquiño máis complexa que o traballo no cole. Ter rutinas é unha das dificultades que ides atopar e se fai
imprescindible o uso de horarios.
É por iso que dende o Departemento de Orientación fixemos esta
guía para estudar e aprender dende casa tendo en conta o voso grao de autonomía
na realización das tarefas.
Esperamos que sexa de axuda para aqueles/as que teñades que estar durante uns días na casa… Eso sí, non vos
esquezades de contactar connosco sempre que o necesitedes e seguir as clases tendo en conta as indicacións do voso profesorado!!!
Coa finalidade de axudar ao noso alumnado a desenvolver as súas habilidades para resolver conflitos de forma autónoma e e coa menor axuda do adulto, poñemos a súa disposición a seguinte ferramenta para fomentar a reflexión sobre un conflito dado, para comprender o papel das súas emocións e para tomar conciencia das súas condutas.
A través da reflexión, a comunicación e a negociación buscamos alternativas para a resolución pacífica de conflitos.
Con esta actividade pretendemos desenvolver a habilidade de resolver conflitos a través do acercamento e o acordo, pretendemos fomentar a visión do conflito como unha oportunidade de aprender e chegar a un acordo, e pretendemos favorecer a reflexión sobre as nosas emocións, pensamentos e actuacións.
Deixamos as recomendacións da Asociación Españoña de Pediatría para a reincorporación do alumnado con enfermidade crónica.
Neste documento se recollen o conxunto de medidas que se consideran importantes e específicas en cada grupo de pacientes. Estas recomendacións iranse revisando polos expertos e poderán ser modificadas en función da evolución da situación epidemiolóxica, as recomendacións xerais do Ministerio de Sanidade e da publicación de novos documentos científicos que modifiquen a evidencia da que se dispón ata o momento actual.
Recordade que debemos ter en conta que para tomar calquera decisión e ante calquera dúbida debemos acudir ao especialista responsable de cada paciente.
A volta á escola pode supor unha situación de estrés para o profesorado, os nenos e nenas e para as familias. A situación na que nos atopamos, a incertidume, o medo a ser contaxiados polo COVID... É de gran axuda poder manexar o estrés e a ansiedade que causan certos cambios.
É por todo iso que imos deixar unhas pautas de Ismael Simón Álvarez, psicólogo xeral sanitario do centro psicopedagóxico Don Sancho de Valladolid e publicadas en Familia y Salud.
Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: dende o 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020
Podedes atopar toda a información desta convocatoria en:
Comezamos a escola o 10 de setembro pero antes queríamos deixar unhas pautas sobre hábitos para pais e nais de nenos e nenas que inician a escolarización este curso, unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de Educación Infantil que faciliten o inicio da escolaridade e o díptico de benvida da escola ADAPTADO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 que contén as principais normas do centro e o calendario do período de adaptación.
Esta noite celebramos a noite de San Xoan coas tradicionais fogueiras ou cacharelas. Este San Xoán é atípico e temos que seguir sendo responsables. Nas reunións familiares e cos amigos debe acompañarnos a prudencia. Ademais non debemos esquecer as particularidades sensoriais das persoas con TEA para que tamén poidan disfrutar desta noite @AprenemAutisme.
O 17 de marzo comezamos a andadura deste blog porque a pesares da situación de confinamento provocada pola Covid-19 queriamos seguir tendo contacto co noso alumnado e familias durante o tempo que estivesen suspendidas as clases facilitando recursos, elaborando e seleccionando materiais para facer fronte ás adversidades que ían xurdindo, elaborando e seleccionando traballo para o noso alumnado, ofrecendo pautas as familias e ao profesorado... Hoxe decidimos que imos seguir convosco deste xeito ademais de presencialmente coa espezanza de que sigamos sendo unha pequena axuda.
NON MARCHAMOS, CONTINUAMOS!!
Podedes contactar connosco nos seguintes enderezos orientacionleirado@gmail.com, ceip.leirado@edu.xunta.es e no teléfono 886110728.
Ola!!! O profesorado do departamento de orientación e o equipo docente de 4º curso rematamos hoxe estes cadernos de traballo. Estamos moi moi contentos co traballo realizado todo este tempo e queremos desexarvos unhas estupendas e ben merecidas vacacións de verán!!! Esperamos volver traballar xuntos e presencialmente este 10 de setembro!!!
Non queremos marchar eso sí sen deixar as actividades de mañá, VENRES, 19 de xuño. Unhas actividades un pouco diferentes ás de estes días. Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe EL CONSTIPADO DEL SOL, un conto de Esperanza Medina e Isabel Fernández da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha pequeniña explicación de que rematan as clases e comezan as vacacións. Outra pequena actividade interactiva sobre o verán. E para rematar, e como despedida, a canción de "Vacas de verán" de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén aprotección da natureza cantando. Para iso, debemos ler as intruccións onde explicamos que é a última clase do curso e que imos cantar. Deberemos ver dous vídeos onde se presentan dúas cancións moi divertidas que nos ensinan a importancia de cuidar o medio ambiente. Se nos animamos tamén podemos bailar. Prememos primeiro no encerado que temos debaixo para ler as explicacións do profe Rubén.
Por último, deixamos este material de Diana Bericochea Álvarez que ten como obxectivo servir de apoio á comunicación de nenos e nenas con necesidades vinculadas a este aspecto. Cada tarxeta recolle unha necesidade relacionada co verán e está composta pola expresión escrita con letra, pictogramas de ARASAAC e unha fotografía que representa a necesidade.
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 18 de maio.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:PÍO PÍO QUE YO NO HE SIDO, un conto de María del Mar López Delgado y Francesca Assirelli da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo.Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que veremos unhapresentación interactiva sobre a temática do verán para traballar diferentes aspectos da linguaxe. Tamén unha actividade para recortar e pegar sobre cousas que podemos facer nas vacacións de verán. Por último, hoxe toca a canción preferida da profe Paula, "Ven comigo", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar co profe Rubén as paisaxes de costa. Para iso accederemos ás instruccións onde se explica que debemos ver un vídeo prestando moita atención para, a continuación, facer unha actividade interactiva moi sinxela que consiste en colocar os principais elementos da paisaxe de costa. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.
E pola tarde? Fixemos unha rá e un peixe con Jorge Pardo. Imos seguir traballando a nosa motricidade facendo este raposo (papiroflexia con Jorge Pardo).
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 17 de XUÑO.
Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe EL SOMBRERO QUE VOLÓ, un conto de José Carlos Román e Mónica Carretero da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar cunha presentación sobre o verán para ler e facer alguhas actividades relacionadas. Tamén unha actividade de clasificar roupa de verán e roupa de inverno, onde teremos que recortar e pegar. Por último, a canción de "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Para facer todo iso debedes ler as explicacións da profe e premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar matemáticas coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén a alimentación saudable. Para iso accederemos primeiro ás instruccións onde se lle indica que debemos ver un vídeo dúas veces, prestando moita atención. A continuación, accederemos a unha ficha interactiva que ten varias actividades para facer co ordenador. A ficha é autocorrixible.
E pola tarde?Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda. A nosa proposta: DOCES ÁRABES. Despois podemos ver e escoitar o conto con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El edificio que había que romper", adaptación de Garbiñe Candina dun Conto por Teléfono de Gianni Rodari.
Baixo o lema O VERÁN QUE NECESITAS, a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
Campamentos en Galicia.
Campos de voluntariado en Galicia.
"Minicampamentos" de 5 días en instalacións turísticas en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.
Esta edición, como consecuencia da situación de crise sanitaria provocada pola covid-19, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias: redución de aforo, reforzo do persoal monitor e incremento das medidas hixiénico sanitarias.
Así mesmo e, co obxectivo de favorecer a inclusión social, a mocidade con discapacidade, en función das limitacións que presente, poderá decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2020)
Quen pode solicitar praza? As persoas mozas residentes en Galicia que non padezan enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible ca covid-19. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:
As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación das solicitudes será de sete días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia. Podedes atopar máis información na páxina web: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020:
Prazo de presentación dende o 16 ata o 30 de xuño.
Deixamos este material creado e publicado por Amaya Ariz, presidenta da Asociación Navarra de Autismo-ANA, con pictogramas de ARASAC e Picto Selector, para traballar o autocontrol, os enfados, as rabechas, as crises e a flexibilidade nas persoas que presentan Trastornos do Espectro do Autismo. Esperamos que sexan de utilidade!!
Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 16 de xuño.
Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe Y DE REPENTE SE FUE LA LUZ... DE LA LUNA, un conto de Xabier Frías Conde e Laufer da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para descifrar a mensaxe oculta, onde se deberá cambiar os debuxos polas letras que correspondan. Tamén unha actividade online de seguimento de instrucións e, por último, vemos o conto e escoitamos a canción de "A princesa do Caurel".
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén aspectos clave da educación vial. Debemos ler as instruccións onde se indica que accederemos a unha ficha interactiva con tres vídeos moi sinxelos e con información que servirá para realizar as actividades interactivas que a ficha inclúe a continuación.
Deixamos este completa guía do Colexio da Psicoloxía de Madrid para facer fronte ás emocións producidas pola desescalada: incertidume, indefensión, medo, enfado....
Autismo Galicia deixanos esta guía sobre accesibilidade cognitiva para facilitar a orientación na contorna, entender a información que nos rodea, comunicarse e relacionarse con outras persoas. A accesibilidade cognitiva axuda a todas as persoas pero especialmente ás persoas con dificultade para a comprensión do entorno.